Ao longo da última semana do trimestre comezamos coa Formación de Usuarios e Usuarias da BBS. Todas as clases coas súas titoras achegáronse á biblioteca e realizaron actividades relacionadas cos fondos e a súa organización, as normas, os espazos, a CDU... Foi unha primeira toma de contacto que continuará á volta do Nadal.
Como xa é tradición na BBS, a primeira sesión de formación de usuarios/as comeza cun conto relacionado co noso PDI e neste caso tamén relacionado coa transformación e reapertura da nosa biblioteca.
Nadarín, de Leo Lionni, presidiu a BBS esta semana. Gústanos pensar que os valores desta historia van presidir tamén o traballo e o proxecto da biblioteca. Queremos ser ese peixe xigante, feito coa participación de nenos/as, profes, familias, veciños/as e amigos/as da BBS..., que pode con todo e que nada nas augas claras cara á aprendizaxe creativa, ao coñecemento e á cultura. Nademos xunt@s! 😃
Ningún comentario:
Publicar un comentario