Amosando publicacións coa etiqueta CDU. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CDU. Amosar todas as publicacións

7 de outubro de 2023

A banda de Vilacendoi

Como xa é tradición, a Biblioteca Brea Segade abriu as súas portas compartindo un conto  e realizando actividades de formación de usuarios e usuarias con todas as titorías.

Este ano escollemos A banda de Vilacendoi de Xulio Gayoso e a BBS encheuse de instrumentos, músicos, músicas, lembranzas e futuro. Que boa escolla para comezar a andaina 2023-2024! 

E como tamén vén sendo tradición, nestas primeiras sesións anunciamos o tema e o lema da biblioteca para este curso.

Sempre dando a nota!














2 de outubro de 2022

Quentando motores: quinto e cuarto

 Xa estamos tod@s list@s! 

Luns abre a BBS, comezamos a nosa "grande viaxe" polo mundo do coñecemento, a información, a literatura, a imaxinación... Boa viaxe para tod@s!

CUARTO:





QUINTO:




28 de setembro de 2022

Quentando motores: terceiro e sexto

A grande viaxe de Anna Castagnoli e Gabriel Pacheco é o conto que escollemos para comezar este curso. Como o protagonista, agardamos viaxar coa imaxinación, soñar con descubertas incribles e dar renda solta á nosa creatividade. Para iso precisamos coñecer ben os fondos e recursos que temos na BBS, para poder documentarnos e garantir que a viaxe levará bo rumbo. Nestas primeiras sesións na biblioteca estamos a reencontrarnos coa CDU.

 TERCEIRO



SEXTO





Quentando motores: primeiro e segundo

O luns 3 abrirá oficialmente a BBS, pero nesta semana xa estamos recibindo a todas as clases para retomar o contacto, lembrar normas, servizos, actividades... E falar do proxecto deste curso, que dará continuidade ao traballo sobre viaxes, viaxeiros e viaxeiras do curso pasado. 

PRIMEIRO




SEGUNDO





22 de setembro de 2021

Terceiro emprende viaxe!

Terceiro tamén está listo para partir! Hoxe, en grupos, fixeron unha busca de libros pola biblioteca seguindo as indicacións de Libriño, a nosa mascota, e de Panchito, o pingüín galego 😉.

Cuarto emprende viaxe!

Os nenos e nenas de Cuarto tamén coñeceron a Panchito e o seu Periplo Atlántico e lembraron como atopar os fondos que buscan na biblioteca usando a CDU ilustrada. List@s para partir!