20 de decembro de 2023

Misterio no Nadal

Despedimos os contacontos deste trimestre cunha obra de teatro, Misterio no Nadal, escrita e interpretada polo alumnado de Proxecto Competencial de 5º. Faltou Leo, que estaba enfermo, e foi mágoa, porque todo o grupo traballo moito ao longo das últimas semanas, escribindo a obra de teatro, ensaiando, pensando nos decorados... Moi bo traballo!

Xa estaban nerviosas/os anunciando na entrada, pero non tiñan porque, traballaran moito e estaba todo controlado 😜 A obra saíu moi ben, conseguiron resolver o "misterio no Nadal" e que o pasaramos xenial. 






Bravo!

Chapas de "Sempre dando a nota"

Xa temos as chapas cos logos de "Sempre dando a nota"! Fixemos tres modelos e cada quen fixo a súa. Quedaron moi ben; xa é oficial que sempre, sempre, damos a nota.  É máxico isto de facer as chapas, como nos gusta! 😃













Un libro para agasallar 2023

16 de decembro de 2023

Mochilas Viaxeiras 4

Saíron as Mochilas Viaxeiras do Nadal, que non volverán á BBS ata o 2024. Agardamos que vos gusten moito e que teñades moi bos momentos con elas ao longo das vacacións. 

A mellor sopa do mundo


Esta semana puidemos probar na biblio A mellor sopa do mundo. Carlota, Daniela,  Leo, Leire, Manuel e Xoana escolleron esta historia de Susanna Iser e Mar Ferrero para deleitarnos no recreo. E ata nos deron unha potiña de sopa a cada quen. Grazas, contadores/as!






Mmmm! A mellor sopa do mundo!

Fantástico, contadores e contadoras!

  

Os nosos axudantes

 

Os nosos axudantes seguen a ter traballo variado na BBS: mochilas, radio, novidades, reposición de libros nos andeis... Esta semana foron dous grupos os que colaboraron na biblioteca, a semana pasada só abriramos 2 días e parecíalles pouco 😍

8 de decembro de 2023

Primeira semana na escola de vacas

Esta semana foi moi curtiña, pero tivemos conto o martes no recreo. Sofía, Elsa, Izan e Ibai contáronos Primeira semana na escola de vacas de Andy Cutbill e Russel Ayto. Como nos gustan as aventuras de Daisy e Marjorie, esas vacas que teñen unha relación especial coas pitas da granxa! E que ben nola contaron estes experimentados contadores e contadoras de 4º e 5º. 




Moi ben, contadores e contadoras!