28 de maio de 2020

15 anos de literatura infantil e xuvenil galega

A Asesoría de Bibliotecas Escolares vén de publicar unha guía  que recolle os libros de literatura infantil e xuvenil en galego que tiveron máis presenza nas bibliotecas escolares galegas nos últimos 15 anos. Esta guía constitúe un documento imprescindible para coñecer e poñer en valor a riqueza da nosa literatura infantil e xuvenil.
Acompaña a guía un díptico informativo e un mapa coas achegas realizadas para a elaboración desta guía, polas diferentes bibliotecas escolares galegas, incluíndo a BBS.
Estamos pois ante un valiosísimo material, de consulta obrigada para mediadores/as da lectura: educadores/as, pais, nais, bibliotecarios/as e para amantes da literatura e a cultura en xeral.

Parabéns e grazas á Asesoría de Bibliotecas Escolares por estes documentos.




24 de maio de 2020

O CEP Brea Segade

Presentámosvos o vídeo elaborado pola ANPA do CEP Xosé Mª Brea Segade para dar a coñecer o noso colexio. É un vídeo moi especial polo tempo no que foi feito, na corentena, e porque conta coa participación de nais, pais, nenos e nenas que quixestes compartir o que vos parece máis destacable da nosa escola. Mención especial para a banda sonora, Xa teño a vela, un tema interpretado por Ana Silva, nai de Adrián e Icia, con música de Manuel Vicente "Chapí", letra de Xosé Mª Brea Segade e arranxo de José Luis. Fermoso e moi emocionate!
 


Grazas a tod@s os que participastes, por compartir tempo e ilusión polo Brea Segade. 

Vémonos no cole!


Xa teño a vela.

20 de maio de 2020

As pitas baixo a choiva

As pitas baixo a choiva é un relato de Ricardo Carvalho Calero. A Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra en colaboración con Edicións Embora realizou a edición deste relato e un proxecto educativo que inclúe música e actividades para realizar con crianzas.
Entrade neste enlace para ver o conto, as cancións e as actividades. Vanvos gustar!

Parabéns á Coordenadora de ENL de Ferrolterra e a Edicións Embora por esta iniciativa.

http://aspitas.gal/

18 de maio de 2020

Onde está o verso?

Ao longo da semana iremos publicando achegas que as familias fixestes recitando poemas de Ricardo Carvalho Calero a maiores do que foi o programa das Letras Galegas da Radio BBS. Seguimos celebrando a nosa lingua e descubrindo a obra do escritor homenaxeado este ano. Comezamos con Onde está o verso? recitado por Ana, a nai de Adrián e Icía. 
Moitas grazas, Ana!

17 de maio de 2020

Radio BBS: Letras galegas 2020





Música: Variacións sobre o tema Alalá-Cantar das Ribeiras de Rianxo do Fondo Casto Sampedro. 1898. Compositor e intérprete: José Nine Ces

Voces: Juan, Monchi, Sheila, Adolfo, Rebeca, Alberto, María, Rosa, Tero, Paula, David, Cova, Jose Luis e o curso Edixgal de 5º de Primaria do C.E.P. Xosé María Brea Segade.

Obrigado a todos/as os que participastes neste programa especial Letras Galegas 2020, homenaxe a Ricardo Carvalho Calero.

Feliz Día das Letras Galegas!

16 de maio de 2020

Teatro Airiños: homenaxe a Carvalho Calero

Compartimos a homenaxe do Grupo de Teatro Airiños a Ricardo Carvalho Calero. Especialmente emocionante para nós escoitar a Xesús Santos falando de como coñeceu a Carvalho Calero e de como este descubriu a Xose Mª Brea Segade.
Parabéns, Airiños, polo compromiso coa nosa cultura e polo bo facer, sempre, tamén no virtual. Grazas! 

10 de maio de 2020

O CEP Brea Segade

Precisamos da vosa colaboración para un novo proxecto que imos levar a cabo coa nosa Anpa. Agora que se abre o tempo da matrícula nos centros escolares, queremos facer un vídeo no que expliquemos como é o noso colexio e porque é tan especial formar parte da comunidade escolar do Brea Segade.
Aquí vai a proposta e as indicacións de como participar.



9 de maio de 2020

Ricardo Carvalho Calero

Enlazamos unha páxina con recursos para descubrir e aprender sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero.


https://bibliobreasegade.blogspot.com/p/ricardo-carvalho-calero.html

Preme no enlace ou na imaxe para ir á páxina.

Letras Galegas 2020

Este ano celebramos o Día das Letras Galegas confinados nas nosas casas, polo que os actos conmemorativos teñen que ser, necesariamente, diferentes aos doutras convocatorias. Por iso, unha das nosas propostas consistirá na realización dun programa de radio, novamente desde as nosas casas e utilizando os teléfonos móbiles como gravadoras de audio.
O escritor homenaxeado no 2020 é Ricardo Carvalho Calero (1910-1990), autor en diferentes xéneros literarios: novela, teatro, poesia... e un dos principais lingüistas da historia da cultura galega.

Aquí vai a proposta:


1 de maio de 2020

Ei vén maio!

Orgullo de familias do Brea Segade! 
Hai futuro, tamén para as nosas tradicións. 
Moitas grazas, familias! 

 


Que marabilla! 

Grazas, Emilio! Grazas, Claudia! Grazas, Alberte! Grazas, Minia! Grazas, Rita! Grazas, Nerea! Grazas, Dália! Grazas José Ángel! Grazas, Lucía! Grazas, Mateo! Grazas Rubén! Grazas, Alex! Grazas, Breixo! Grazas, Iker! Grazas, Adrián! Grazas, Icía!