28 de marzo de 2018
Xantar dos axudantes da BBS
O xoves 22 os axudantes da BBS tiveron a súa segunda xuntanza-xantar deste curso. O tempo deunos unha tregua e poidemos comer en Campo Maneiro, xogar ás agachadas e ao brilé, ver unha peli e ver a un grupo de 5º dramatizando A bruxa regañadentes. Unha xornada ben completa!
26 de marzo de 2018
Día da Poesía
Celebramos o Día da Poesía participando na conmemoración dos 90 anos da publicación de De catro a catro, de Manuel Antonio. Os actos estiveron organizados polo Concello de Rianxo e buscaban homenaxear ao poeta rianxeiro enchendo ás rúas dos seus versos e de debuxos que ilustraran os seus poemas.
Decatroacatro from Biblioteca Brea Segade on Vimeo.
25 de marzo de 2018
Día dos Bosques
O 21 de marzo conmemórase o Día da Poesía e o Día dos Bosques, unha coincidencia moi acaída. Este ano as dúas celebracións no noso centro xiraron en torno a dous convites que nos fixo chegar o Concello de Rianxo. O primeiro deles, para o mércores 21, consistiu na participación na repoboación da contorna do río Té, na zona do polígono industrial, con árbores autóctonas. Todo o alumnado do Brea Segade, xunto con alumnas e alumnos do CEIP A.D.R. Castelao e do CEIP Ana Mª Diéguez achegámosnos a Té e pasamos a mañá plantando freixos, carballos e castiñeiros para recuperar entre tod@s o bosque de ribeira que os eucaliptos e acacias fixeran desaparecer. Previamente traballamos nas aulas sobre as nosas fragas e a súa riqueza e sobre a importancia de recuperar os nosos bosques.
5º na plantación |
22 de marzo de 2018
Mochilas de primavera
As Mochilas Viaxeiras saíron de novo para pasar a Pascua nalgunhas das vosas casas.
Mirade que ben estiveron nas casas de Nerea e Breogán. Ata fixeron madalenas dun dos libros de cociña!
Mirade que ben estiveron nas casas de Nerea e Breogán. Ata fixeron madalenas dun dos libros de cociña!
Luces, cámara... Pontevedra!
O venres despedimos á nosa maqueta para o Salón do Libro de Pontevedra. Un ano máis participamos como centro convidado e un ano máis a maqueta é o resultado final de semanas de moito traballo compartido entre varias clases do colexio: boas lecturas, investigación, imaxinación e creación en grupo. Volvemos estar moi satisfeit@s co traballo feito, este ano sobre protagonistas femininas de conto e de película. Xa nos tarda ver o Salón do Libro abrir as súas portas e ver a nosa maqueta na exposición dos traballos dos centros de ensino.
A nosa cámara |
Os libros |
Molan! |
Os autores e autoras |
15 de marzo de 2018
Plantación en Filgueiras
O Movemento Veciñal Fousas ao Monte leva desde outubro traballando en Filgueiras, nuns terreos que para o noso colexio teñen un valor moi especial, porque neles, xa hai máis de vinte anos, os nenos, nenas e profesorado do Brea Segade fixeron unha plantación de árbores autóctonas. Co paso do anos as acacias e eucaliptos coméronlle o espazo ás arbores plantadas por aqueles nen@s e fixéronnas case desaparecer. Pero alí están, grandes e fortes! Despois de varias xornadas de traballo, Figueiras empezou a ter outro aspecto, como ten que ser!
Este sábado Fousas ao Monte convócanos a unha plantación para que entre tod@s recuperemos e conservemos os nosos montes.
Agardámosvos en Filgueiras este sábado, 17 de marzo, ás 10 da mañá! 💪
A bruxa regañadentes
Esta semana o conto do recreo foi dramatizado. Uxía Lorenzo, Uxía Lojo, Uxía López, Carlota, Paula, Julia, Marta e María representaron A bruxa regañadentes, de Tina Meroto e Maurizio Quarello, unha das historias de buxas que máis gusta no noso cole. Nunca nos cansamos de escoitar historias que nos gustan, por moi coñecidas que sexan, pero se ademais en vez de contala a representan... Encántounos!
Bravo, artistas! |
Mulleres de conto e de película
Todo listo para levar mañá a nosa maqueta ao Salón do Libro de Pontevedra. Este ano o lema é Mulleres de conto. As nosas serán Mulleres de conto e de película. Aquí tedes un anticipo. Que ganas!
Seguiremos contando...
Seguiremos contando...
9 de marzo de 2018
Ernesto Bo Día
Sara e Sofía puxéronlle boa cara ao mal tempo coa divertidísima historia de Ernesto Bo Día de José Campanari e Joâo Vaz de Carvalho. Case, case parece que a historia pasou nalgunha das mañás desta semana cheas de chuvia, néboa e frío. Se Ernesto e a súa namorada poden con todo, nós tamén! Así que o mal tempo boa cara e boas historias que contar 😀
Bravo, contadoras! |
7 de marzo de 2018
Mulleres de cine
As mulleres teñen un papel importante tamén no cine, aínda que non sempre se recoñeza. Ao longo do mes de marzo, traballaremos no centro sobre mulleres que tiveron e teñen moito que dicir no mundo do cine: produtoras, directoras, actrices, montadoras, figurinistas, maquilladoras, perruqueiras, cámaras, guionistas... Tantas e tantas mulleres imprescindibles e non sempre recoñecidas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)