Amosando publicacións coa etiqueta Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Amosar todas as publicacións

15 de xaneiro de 2023

Respecto

O grupo de Valores Sociais e Cívicos de 6º elaborou un podcast para a Radio BBS titulado Respecto. É o resultado do traballo sobre o Día da Discapacidade que se conmemora o 3 de decembro. 

Investigaron sobre distintas discapacidades, buscaron temas musicais nos que se falara delas, elaboraron o guión, gravaron e editaron o podcast. Aquí temos o resultado. 

Para todos vós: Respecto





Bravo!

3 de decembro de 2020

3 de decembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Esta semana recibimos na nosa biblioteca unha caixa moi especial, que nos enviaron desde a Asociación Amicos. Viña decorada con adhesivos que falaban de Festiritititi, o festi da integración. Era irresistible!

A clase de sexto foi a encargada de abrila hoxe, 3 de decembro, e investigar de que se trataba. Descubriron unha proposta de xogos, moi ben preparados e moi ben explicados. O Equipo Badaboom da Asociación Amicos escolleu e preparou un feixe de xogos divertidos e moi apetecibles, pero sobre todo, xogos nos que todos e todas imos poder participar e dos que todos imos gozar. Xogaremos desde e pola integración ao longo do curso, non só hoxe. Esta caixa pasa xa a formar parte dos recursos da BBS, da nosa biblioteca creativa e inclusiva.

De momento Sexto abriu a caixa, revisou os materiais e comezou a gravar vídeos presentando a iniciativa e os xogos aos compañeiros/as. Como este curso non podemos participar das mesmas actividades tod@s xuntos a aula de 6º vai ser a encargada de presentar ao resto do cole a actividade e os xogos, que se irán facendo en días diferentes para cada clase. Esta caixa vainos dar moito xogo!!!

Grazas, Amicos! Grazas Equipo Badaboom! 

Seguirémosvos contando como integramos esta proposta no noso día a día.