10 de maio de 2021

Na BBS tod@s contamos: Abel, Diego, Rafa e Saúl

 

 Saúl, Rafa, Diego e Abel cóntannos A meniña de libros de Oliver Jeffers, unha fermosa historia que nos convida a usar a nosa imaxinación e adentrarnos no mundo das letras e dos libros. Moi ben, contadores!

Paula Carballeira


A aula de Sexto investigou sobre as escritoras que formaron parte do Reto de lectura que a BBS lanzou este curso, coincidindo co Día das Escritoras. Iremos publicando os seus traballos, que tamén están accesibles na entrada da biblioteca, usando as tablets. Só tedes que escanear o código QR e descubrir que escritoras tan fascinantes temos na nosa lingua e que boas investigacións fixeron os compañeiros e compañeiras de Sexto.

8 de maio de 2021

Con Carlos Ces

Este venres o alumnado de 5º e 6º tivo a sorte de participar nunha charla e un  obradoiro con Carlos Ces, o informático do Concello de Rianxo. En 5º falaron sobre ciberseguridade e en 6º aprenderon a crear videoxogos que poderán utilizar en tablets, ordenadores e smart phones. Foi unha mañá ben interesante e moi produtiva, seguro que de aquí saírán moitos vídeoxogos "feitos na casa" 😉

Grazas, Carlos, por compartir o teu tempo e o teu saber con nós!


No blog de Sexto tedes máis información sobre o obradoiro de videoxogos. 

Mochilas Viaxeiras 13

Nova saída das Mochilas Viaxeiras! Aínda quedan casas de 3º, 4º e 5º que visitar. Que gocedes moito delas, en familia! 😃



7 de maio de 2021

Proxecto Ríos: maio, 5º e 6º

Esta semana o alumnado de 5º e 6º realizou a 2ª visita de recollida de datos no río Té. Como parte do Proxecto Ríos temos que realizar seguimento do noso "anaco do Té" en outono e primavera. Volvemos recoller datos sobre o estado da auga, o caudal, o PH, os niveis de osíxeno e nitrato... e a flora e a fauna do bosque de ribeira. Desta vez centrámonos na descuberta dos macroinvertebrados e anfibios do río e foi incrible o que tal atopamos: ras, cabaliños do demo, libeliñas, samesugas, efémeras... Todos estes indicadores acreditan o bo estado de saúde do noso río 😃

Grazas, Emilio, por guiarnos unha vez máis na descuberta dos tesouros do Té!


















6 de maio de 2021

Ciberseguridade e videoxogos

Este venres, Carlos Ces, o informático do Concello de Rianxo, estará no noso centro para levar a cabo unha charla e un obradoiro. Falará sobre ciberseguridade co alumnado de 5º e realizará un obradoiro videoxogos co alumnado de 6º.

3 de maio de 2021

Xeografías lectoras: recunchos de lectura 12

Chegaron de volta as Mochilas Viaxeiras! Xa están en corentena, preparándose para seguir viaxando neste mes de maio no que rematarán o seu periplo polo Araño, Taragoña, Rianxo, Leiro, Boiro, Catoira... Trouxeron novas imaxes de lectores e lectoras nos seus recunchos favoritos para ler. 

Grazas Sara, Hugo e Jose Ángel por compartilos con nós!