Aquí tedes a guía para usuarios e usuarias da Plataforma de Lectura Dixital. Que nada vos impida gozar da lectura! Tamén en formato dixital.
28 de maio de 2019
Plataforma de Lectura Dixital en 5º
Este trimestre o grupo de 5º empezou a usar a Plataforma de Lectura Dixital das Bibliotecas Escolares de Galicia coa que comezaron o ano pasado os compañeiros/as e compañeiras que agora están en 6º. Van indo moi ben, emprestando, lendo e devolvendo libros do catálogo, colléndolle gusto tamén a lectura dixital.
Na BBS tod@s contamos: Sheila
Hoxe veu á BBS Sheila, a nai de Claudia, e tamén Mateo, o seu irmán pequeno. Sheila contounos unha historia moi divertida dunha nena atrevida e aventureira que deu unha voltiña polo universo.
Caer de cu polo universo, de Estívaliz Espinosa, é un libro que non vos podedes perder se vos gusta a astronomía e as aventuras.
Fixádevos nas fotos e veredes o atentos que estivemos tod@s.
Graciñas, Sheila! Quedamos con ganas de caer de cu polo universo nós tamén. 😉
Caer de cu polo universo, de Estívaliz Espinosa, é un libro que non vos podedes perder se vos gusta a astronomía e as aventuras.
Fixádevos nas fotos e veredes o atentos que estivemos tod@s.
Graciñas, Sheila! Quedamos con ganas de caer de cu polo universo nós tamén. 😉
Anunciando o conto na entrada |
A Mateo, o irmán de Claudia, tamén lle gustou |
Grazas, Sheila! |
Dende Portugal ata Rianxo
E dende Rianxo ata Taragoña! 😃
Os libros portugueses de literatura infantil e xuvenil do Salón do Libro de Pontevedra quedaron na BPM Castelao de Rianxo para que poidamos seguir gozando deles ata finais de xuño. Tanto nos gustaron cando fomos de visita ao LIX e á biblioteca municipal, que Sofía emprestounos uns cantos para poder telos na BBS e seguir descubríndoos. E niso estamos! 😍
Saíndo da BPM Castelao |
Na BBS |
26 de maio de 2019
Novidades no Espazo Argalleiro
No obradoiro deste venres estreamos outra das novidades do noso Espazo Argalleiro, o xogo Kapla. Tiñamos moitas ganas de incorporalo aos recursos da BBS e polo que vimos xa no primeiro día, está claro que vai dar moito xogo e vai sacar a luz as vosas cualidades construtivas 😉
Recta final dos nosos obradoiros
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)