Amosando publicacións coa etiqueta Día do Libro Infantil b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día do Libro Infantil b>. Amosar todas as publicacións
22 de abril de 2023
2 de abril de 2022
2 de abril: As historias son ás
Como cada 2 de abril, o IBBY (International Board on Books for Young People) celebra a data de nacemento de Hans Christian Andersen e comparte unha mensaxe e unha ilustración que poñen en valor a literatura infantil.
Este ano o país escollido para elaborar mensaxe e cartel foi Canadá. Richard Van Camp escribiu a mensaxe e Julie Flett deseñou o cartel.
GÁLIX, garante a tradución ao galego, que, nesta ocasión, foi realizada por Mercedes Pacheco.
Feliz Día do Libro Infantil!
23 de abril de 2021
Día do Libro: A música das palabras
A Música das Palabras
Cando
lemos, á nosa mente médranlle ás.
Cando escribimos, os nosos
dedos cantan.
As
palabras son golpes de tambor e frautas na páxina,
paxaros
voadores e elefantes trompeteiros,
ríos que flúen, fervenzas
que caen,
bolboretas que viran
alto no ceo!
As
palabras convídannos a bailar
ritmos, rimas, latexos do
corazón,
cascos e bater de ás, contos antigos e
novos,
fantasías e verdades.
Esteas
cómodo na casa
ou atravesando veloz as fronteiras cara unha
nova terra
e unha lingua estraña, as historias e
poemas
perténcente.
Cando
compartimos palabras, as nosas voces
vólvense música do
futuro,
paz, alegría e amizade,
unha melodía
de
esperanza.
Escrito
por
Margarita Engle
Traducido
por María
Canosa
2 de abril de 2021
2 de abril de 2020
O soldadiño de chumbo
Fermosa adaptación audiovisual de O soldadiño de chumbo de Hans Christian Andersen. Un bo día para recuperala e vela... na casa, en familia.
CHUMBO BIBLIOTECA from ISANLLE on Vimeo.
CHUMBO BIBLIOTECA from ISANLLE on Vimeo.
Riciños de Ouro
Estaremos na casa, pero hoxe, 2 de abril, imos ter contacontos.
Hoxe no recreo: Riciños de Ouro.
Hoxe no recreo: Riciños de Ouro...
Hoxe no recreo: Riciños de Ouro...
Escoitádelas?
Minia e Rita agasalláronos con esta marabilla de conto para que poidamos gozar del no recreo ou en calquera momento do día 😉.
Facede unha parada, sentádeos comodamente e escoitádeas. Dá gusto!
Moitas grazas, contadoras!
Hans Christian Andersen
Anímate a completar este cuestionario sobre Hans Christian Andersen. Primeiro mira o vídeo sobre a súa vida e a súa obra.
2 de abril
Hoxe é o Día do Libro Infantil e Xuvenil. Celebramos a importancia da literatura infantil no desenvolvemento dos nenos e nenas e o seu papel imprescindible na formación dunha cidadanía culta, sensible, crítica e participativa.
Nestes tempos estraños que estamos a vivir, a literatura infantil está a ser, máis que nunca, refuxio, cómplice, recurso para entender o mundo, vía de escape e fonte de pracer. Celebremos pois, desde as nosas casas, o Día do Libro Infantil e Xuvenil.
Cartel e mensaxe na páxina de Gálix, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil.
Nestes tempos estraños que estamos a vivir, a literatura infantil está a ser, máis que nunca, refuxio, cómplice, recurso para entender o mundo, vía de escape e fonte de pracer. Celebremos pois, desde as nosas casas, o Día do Libro Infantil e Xuvenil.
Cartel e mensaxe na páxina de Gálix, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil.
Por que o 2 de abril? Que pasou nesa data?
Desde 1967 celébrase o Día do Libro Infantil coincidindo co aniversario do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Queres saber quen foi e que escribiu? Mira este vídeo e descubrirás que xa coñecías algunhas das súas obras.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

