Os nenos e nenas de 2º len e ilustran Monstro pequeno di NON de Kalle Güettler, Rakel Helmsdal e Áslaug Jónsdóttir.
Aprender a dicir: Non!, respectar e ser respectados/as é construír a Paz e facer un mundo mellor.
Os nenos e nenas de 2º len e ilustran Monstro pequeno di NON de Kalle Güettler, Rakel Helmsdal e Áslaug Jónsdóttir.
Aprender a dicir: Non!, respectar e ser respectados/as é construír a Paz e facer un mundo mellor.
Hoxe é o Día Internacional pola Paz e a Non Violencia. Comezamos a publicar o traballo que cada aula realizou nestas semanas sobre a Paz, partindo dunha lectura proposta desde a BBS. Cada día ao longo desta semana compartiremos un documento audiovisual que recolla o traballo realizado, que foi moito e moi rico.
Empezamos co vídeo conxunto realizado por todo alumnado do cole na aula de Inglés. A Paz ten moitos significados, tantos que necesitamos os 365 días do ano para construíla e coidala.
Traballo colaborativo para abrir a nosa conmemoración do Día da Paz, imposible comezar mellor!
As nosas Mochilas Viaxeiras continúan saíndo cara as vosas casas, non lle teñen medo ao frío, á chuvia nin ao vento ⛈ ☔ 😃
Boas lecturas en familia para esta fin de semana de inverno.
Coincidindo coa semana da celebración do Día da Paz, recibimos un agasallo que pasará a enriquecer o noso Xardín da Memoria. O Xardín da Memoria do Brea Segade creouse xa hai uns anos como mostra do noso compromiso diario coa paz e a non violencia.
Sabedes o que son?
Pleurotus |
Son cogumelos, que produciremos no noso cole 😍
Mirade como medraron nun par de días.
Grazas a Chus, da Xardinería Saborido, polo agasallo! 😘😘
Seguimos descubrindo os vosos recunchos de lectura favoritos e algúns dos libros das mochilas que máis vos gustaron. Dá gusto vervos gozando da lectura nas vosas casas!
Grazas Carla, Sabela, Adrián e Breo por compartilos con nós.
Estes son os títulos cos que, desde as aulas, estamos a traballar sobre o Día da Paz e da Non Violencia.
Primeira viaxe das Mochilas Viaxeiras no 2021! Seguimos compartindo lecturas, música e pelis coas familias, levando un anaquiño da BBS ás vosas casas 😍
Boas lecturas para tod@s!
Hoxe foi unha mañá de moito movemento na Radio BBS. Por unha banda Tino rematou coa instalación das placas de escuma para mellorar a acústica do estudo e por outra retomamos os directos no recreos, da man dos Axudantes da BBS.
A biblio xa de novo funcionado a tope: recreos por clases, axudantes, radio BBS en directo... Estamos confinados perimetralmente, pero seguimos moi activos/as 😉
Na aula de 6º estiveron preparando deseños para imprimir en 3D, relacionados co PDI deste curso, MonteMar e co Proxecto Ríos. Hoxe comezaron a imprimir un destes deseños, un muíño elaborado por Rita, inspirado nos 55 muíños que chegou ter o río Té. Están quedando así de ben.
De volta do Nadal as Mochilas Viaxeiras trouxéronos imaxes dalgúns dos vosos recunchos de lectura favoritos cos vosos títulos preferidos. Que bos recunchos tedes!😍
Grazas, Elsa, Laura, Minia e Nerea por compartilos con nós.