Amosando publicacións coa etiqueta Xosé Mª Brea Segade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xosé Mª Brea Segade. Amosar todas as publicacións

4 de maio de 2023

Lectura e familias: Xosé Mª Brea Segade na Radio BBS

 

Aquí temos o programa de radio elaborado "en familia",  poñendo voz ás coplas recollidas por Xosé Mª Brea Segade na parroquia de Taragoña. Forma parte das actividades do programa Lectura e familias que estamos a desenvolver este curso, e é foi para a maioría das adultas que participan, o seu primeiro contacto coa Radio BBS. Encántanos!


Coplas. Xosé Mª Brea Segade



27 de marzo de 2022

Taragoña

A aula de 2º gravou un podcast co poema Taragoña de Xosé Mª Brea Segade, unha das obras da escolma poética coa que tod@s traballamos na Semana da Poesía. 

Bravo 2º! Escollestes un poema ben fermoso, que nas vosas voces aínda o é máis. 

 Taragoña polo alumnado de 2º.

22 de marzo de 2022

Poesía compartida: Xosé Mª Brea Segade

Libriño fixo chegar ás aulas un convite para este Día da Poesía: compartir  poemas de Xosé Mª Brea Segade coas familias, preparando agasallos poéticos con algúns dos seus versos. En moitas casas de Taragoña e o Araño léronse poemas de Xosé Mª Brea Segade neste Día da Poesía. 😍

25 de outubro de 2018

Poéticas diversas: Xosé Mª Brea Segade

Este mércores lemos a Xosé Mª Brea Segade nas aulas, poesía de Taragoña para celebrar o Día da Biblioteca, poética diversa que nos dá nome como centro. Escollemos o poema Rianxo, Rianxo, para facer marcapáxinas decorando un fragmento dese poema que fala de nós e da nosa contorna.