Amosando publicacións coa etiqueta robótica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta robótica. Amosar todas as publicacións

21 de abril de 2023

Escornapiratas

Segunda sesión de robótica con Almu e Elena de Competencia Dixital. Cos escornabots construídos e funcionando, tocaba poñelos en acción. E iso fixemos, convertelos en embarcacións piratas e poñernos a resolver retos. Os escornapiratas son piratas con conciencia medioambiental, que se encargan de limpar os mares e océanos de plásticos. Para iso, cada equipo recibiu un taboleiro, pezas para transformalo en diferentes escenarios, retos e un pasaporte pirata. Diversión garantida! Que ben o pasamos! E descubrimos que no Brea temos piratas expert@s capaces de superar calquera reto escornabótico 😎

Pensar, razonar, xustificar, orientarse, traballar en equipo, divertirse... con escornabots. 

Grazas, Almu e Elena! 

Sempre conseguides sorprendernos e deixarnos con ganas de máis. 😍










Parabéns, escornapiratas!

12 de abril de 2023

Construíndo escornabots

Almu e Elena, de Competencia Dixital, conseguiron hoxe que perderamos o medo a fedellar con parafusos, placas, rodas, motores... e construiramos escornabots, colaborando grandes e pequenos/as. Cada familia recibiu un kit de pezas e unhas indicacións, que, seguindo paso a paso, deron como resultado sete escornabots que funcionan perfectamente e xa superaron os seus primeiros circuítos. Hoxe na BBS: concentración absoluta, traballo en equipo e alegría ao ver como se movían as nosas creacións. Pasounos a tarde voando e o bo é que para a semana, máis!

Grazas, Almu e Elena!














4 de xullo de 2022

Robótica para profes

Na última semana de xuño tivemos unha formación para profes con Competencia Dixital para aprender máis sobre as posibilidades dos escornabots e do seu aproveitamento curricular. Esta formación forma parte do proxecto Biblioteca Creativa e seguro que nos vai axudar a que o vindeiro curso a robótica sexa a ser unha ferramenta de aprendizaxe creativa no noso cole. 
 
Grazas, Almu, Miguel e Elena, sempre é un gusto tervos na BBS 
e aprender con vós! 

29 de abril de 2022

Escornabots e Matemáticas

A aula de 2º está aproveitando o moito que aprenderon con Almu e Miguel no obradoiro de robótica para traballar as Matemáticas cos escornabots: táboas, numeración, xeometría... Os escornabots poden con todo! 😉

17 de marzo de 2022

Obradoiro escornabots: 1º e 3º

Hoxe foi o alumnado de 1º e 3º o que descubriu o moito que se pode aprender cos escornabots, de feito ata estiveron con eles de viaxe por Europa. Neste segundo día de obradoiro de robótica, novas linguaxes e pensamento computacional, os retos propostos por Almu Alonso e Miguel Gesteiro de Competencia Dixital tiveron que ver coas peregrinaxes. Os escornabots volveron ser un recurso para aprender, contidos moi diversos e tamén a traballar en equipo e a colaborar. A robótica como medio para aprender, non como fin en si mesma. 
Grazas, Almu e Miguel por estas dúas sesións de formación tan enriquecedoras para alumnado e profesorado.

26 de marzo de 2021

Obradoiros con Paola Guimeráns: formación do profesorado

Pola tarde o profesorado tamén aproveitou a visita de Paola para seguir aprendendo e formándose en contidos STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Artística e Matemáticas). 

Grazas, Paola, por activarnos a tod@s, grandes e pequenos co teu entuasiasmo, e adentarnos nun mundo de novos recursos para aprender e  achegarnos ao coñecemento e á cultura. Foi un día ben completo, grazas! 😍




Obradoiros con Paola Guimeráns: Makey Makey

Primeiro e Segundo traballaron coa placa Makey Makey creando unha historia en banda deseñada. Usaron a robótica e a programación como recurso para traballar a creación e ilustración de historias. 

PRIMEIRO







SEGUNDO








E tamén houbo tempo de montar unha orquestra robótica! 😍 🎶🎵