29 de decembro de 2017

Impresión 3D

Desde finais do curso pasado temos na BBS unha impresora 3D, que chegou a nós por estar no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia e máis concretamente no Proxecto Escornabots na Biblioteca Escolar, do que formamos parte desde o 2016 e co que chegaron eses pequenos robots que dan nome a noso Espazo Escornabots.  Empezamos a usala este curso, primeiro aprendendo e fedellando os profes, para poder chegar a usala tod@s, como un recurso máis para o ensino e a aprendizaxe no colexio. 
Para rematar o trimestre, ademais de que tod@s puideramos ver á impresora 3D "en acción" e coñeceramos o programa que empregamos para traballar con ela, quixemos crear o noso primeiro agasallo de "produción masiva" para  alumnado, profesorado e traballadores do cole. Escollemos un detalle que tivera que ver co proxecto deste curso e... mans á obra!

Deseñando no programa Cura
Fedellando co programa  Cura
Empezando a imprimir
Flipando!
Unha "fornada" de cámaras
Ohhh!
Seguimos imprimindo 

Vai indo...

Molan!





 No 2018, máis impresión 3D!


27 de decembro de 2017

25 de decembro de 2017

Bo Nadal!

No CEP Xosé Mª Brea Segade rematamos o trimestre cantando as prosas do Nadal en catro lugares de Taragoña e o Araño; quixemos compartir a maxia e a tradición destas datas coas familias e @s veciñ@s que sempre nos dades apoio e nos acompañades en todos os nosos proxectos e "aventuras". Aquí tedes as imaxes desa mañá, o noso mellor xeito de desaxarvos:

 BO NADAL!
 Campo de Pazos



  Buía





A Capela




Ourille






De volta no cole, cantando aos cociñeiros/as e repoñendo forzas

 



Grazas ás informantes que nos agasallaron co tesouro da nosa tradición para que non se perda.
Grazas aos músic@s que levaron o peso das prosas nos ensaios e no propio día 21.  
Grazas a tod@s os que nos acompañastes esa mañá, cantastes e bailastes con nós e nos ofrecestes doces e lambetadas para animar o percorrido.
Grazas ás familias de 3º e 4º polos biscoitos e doces que preparastes para todo o cole. Tremendo festín! 
Grazas á ANPA e moi especialmente ás nais e pais que prepararon o chocolate e organizaron a merenda que nos agardaba na chegada.
 

23 de decembro de 2017

Xornal BBS nº 13

O xoves 21 de decembro veu a luz un novo número do Xornal BBS, e xa van 13!!!

É tempo de acivros, é tempo de libros

Un ano máis as bibliotecas dos colexios de Infantil e Primaria de Rianxo xunto coa B.P.M. Castelao, convidámosvos a compartir lecturas e música polo Nadal. Aquí tedes o tríptico elaborado conxuntamente para reafirmar a nosa aposta pola lectura e a cultura como sementes dun futuro mellor para todo@s. 
Este ano quixemos que os nosos acivros agromaran en terras arrasadas polo lume, porque, mentres estabamos a elaborar o tríptico, en Galicia ardian os nosos montes, as nosas aldeas e morrían veciñ@s atrapados polas lapas. Cremos firmemente que só desde a cultura e a cooperación poderemos loitar contra esa e outras lacras da nosa sociedade. Aquí vai o noso pequeno gran de cultura e compromiso común.

22 de decembro de 2017

Libros Solidarios

Grazas aos axudantes que estivestes nos recreos ao cargo da "venda" de libros e recollida de produtos!
Grazas á ANPA, que botou unha man nas tardes de martes e mércores!
Grazas enormes, ás familias que levastes case cento cincuenta libros a cambio de moita solidariedade!
A nosa Feira do Libro Solidario foi un éxito, vendemos case a totalidade dos libros expurgados que ofertamos na feira.  Grazas a tod@s!








O xoves 21, ao rematar a escola, levamos todos os produtos recollidos a Servizos Sociais no Concello de Rianxo.

Mochilas Viaxeiras no Nadal

As Mochilas non paran no Nadal, marcharon pasar estes días a seis casas do Araño e Taragoña. Canto tempo para gozar delas eses seis afortunados!


Animais de compañía

O mércores tivemos o último contacontos do 2017. Foi un conto colectivo elaborado e contado con Kamishibai pola clase de 2º, un bo peche de tempada! 
Escolleron Animais de compañía de Manuel Lourenzo, unha historia moi divertida, para xogar coa lingua, inventar palabras e, de paso, pensar como se inventan mentiras e como cambian os contos no boca a boca, ao pasar dunhas persoas a outras.
Noraboa polo traballo nenos e nenas de 2º, e por como contastes o conto. 
Teremos que seguir preparando contos en Kamishibai, son moi chulos!

Anunciando o conto na entrada




Moi ben, artistas!
Para ver a entrada no blogue de 2º pica AQUÍ.