Como xa é tradición, a Biblioteca Brea Segade abriu as súas portas compartindo un conto e realizando actividades de formación de usuarios e usuarias con todas as titorías.
Este ano escollemos A banda de Vilacendoi de Xulio Gayoso e a BBS encheuse de instrumentos, músicos, músicas, lembranzas e futuro. Que boa escolla para comezar a andaina 2023-2024!
E como tamén vén sendo tradición, nestas primeiras sesións anunciamos o tema e o lema da biblioteca para este curso.
Sempre dando a nota!
Ningún comentario:
Publicar un comentario