30 de xaneiro de 2023

Día Escolar pola Non Violencia e a Paz, Día da Ilustración, Día de Castelao

O 30 de xaneiro conmemoramos tres datas importantes que fan referencia á non violencia, a creatividade e o compromiso coa cultura e con Galicia. 

Na Hora de Ler cada neno e nena do colexio recibiu unha peza dun crebacabezas cunha pregunta sobre Castelao.


Coas respostas ás preguntas houbo que buscar aos compañeiros/as que tiñan a mesma pregunta e  pezas do mesmo crebacabezas.



Despois tocou reconstruír a lámina entre todos/as.





E montar a exposición coas láminas de Castelao sobre a guerra, a violencia e a inxustiza. 







1 comentario:

  1. O que mais me gustou foi o de ir buscando o sitio para reunir as pezas do puzzle.

    ResponderEliminar