Amosando publicacións coa etiqueta Antonio García Teijeiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Antonio García Teijeiro. Amosar todas as publicacións

15 de maio de 2019

Para lembrar...

Fixémoslle traballar duro, asinando varios dos seus libros para a BBS e tamén o noso Libro de Visitas. Queremos lembrar ben este encontro 😍




No Auditorio de Rianxo, na expo do LIX

Música e poesía

Así recibimos a Antonio García Teijeiro na BBS, interpretando un dos seus poemas de Poemar o Mar, musicado polo profe de Música e a aula de 4º. 
 

Musicando o mar from Biblioteca Brea Segade on Vimeo.

14 de maio de 2019

Antonio García Teijeiro na BBS

Tod@s na biblio, nervios@s, con ganas de coñecelo, repasando mentalmente poemas e cancións... E chegou!
- É moi alto!
- Ten moito pelo!
Antonio García Teijeiro entrou na BBS e durante hora e media engaiolounos a tod@s. Escoitounos recitar e cantar, falounos de como empezara a escribir, da poesía e os nen@s, sacou ao rato Honorato, recitou, fíxonos rir... Transmitiunos o seu amor pola poesía e pola infancia. Encantounos!





Honorato
Atentísim@s!


Poemando o mar




Levou a poesía de Xosé Mª Brea Segade como agasallo
Foi un encontro máxico, cun dos grandes escritores de literatura infantil e un home moi próximo, que se fai querer. Aprendemos a amar a poesía un pouquiño máis.
Grazas, Antonio, por compartir o teu tempo e o teu amor pola poesía con nós!
Grazas, LIX Rianxo, por esta mañá tan fermosa.

12 de maio de 2019

Antonio García Teijeiro abre LIX Rianxo


https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/rianxo/2019/05/12/semana-do-libro-rianxo-arranca-antonio-garcia/0003_201905B12C10994.htm


E nós temos a sorte de recibilo mañá na Biblioteca Brea Segade para falar sobre os libros que estivemos lendo e traballando nos últimos meses.  Que ganas de coñecelo!!! 😃





26 de marzo de 2019

Lendo a Antonio García Teijeiro

Lendo, investigando, recitando, ilustrando, creando... Antonio García Teijeiro poñendo en acción a todo o centro. Esta é a proposta da BBS, o documento no que recolleremos unha pequena parte do traballo realizado estes meses en todas as aulas, de 1º a 6º. Poéticas diversas.

Primeiro

21 de marzo de 2019

Poéticas diversas: Antonio García Teijeiro

Nos meses de marzo e abril traballaremos a obra de Antonio García Teijeiro en todas as clases do colexio. El é un dos escritores fundamentais da literatura infantil galega, destacando especialmente como poeta. É, ademais, o escritor homenaxeado na XX edición do Salón do Libro de Pontevedra. 
Neste curso de Poéticas diversas queremos celebrar o Día da Poesía tal e como nos gusta: escoitando, recitando, ilustrando, cantando, escribindo e, sobre todo, gozando coa poesía.






Feliz día da Poesía!