29 de maio de 2023
Piragüismo
21 de maio de 2023
Carreiras de Orientación
Este xoves o alumnado de 4º, 5º e 6º participou nunha actividade de iniciación ás carreiras de orientación, promovida polo Concello de Rianxo e desenvolvida por Richi Figueroa da empresa Xesta Natureza. Divididos en dúas quendas, tiveron que realizar un percorrido polo patio, que viña marcado no plano que recibiu cada participante, pasando por diferentes balizas na orde correcta. Tratábase dunha carreira, pero o importante era ser capaces de ler o plano, orientarse e despois intentar realizar a proba no menor tempo posible. Foi moi divertido!
No mes de xullo teremos a posibilidade de volver participar nunha carreira de orientación, desta vez en Rianxo. Estaremos atent@s ás datas.
29 de marzo de 2023
O Club Ciclista Padronés Cortizo
Hoxe o noso patio encheuse de bicis. Tivemos a segunda sesión cos adestradores do Club Ciclista Padronés Cortizo, a máis agardada, a sesión práctica. Todo o cole puido practicar nun circuíto que montaron no patio e mellorar as habilidades coa bici. Temos toda a Semana Santa para practicar, a ver se non chove!
Grazas, Club Ciclista Padronés Cortizo!
3 de xuño de 2022
Sexto na piscina
2 de xuño de 2022
Barbanza Rugby Club
Este mércores, 1 de xuño, os nenos/as de 4º, 5º e 6º tiveron un encontro co Club Barbanza Rugby na área de Educación Física. Tratouse dun encontro que pretendía familiarizar ao alumnado con este deporte tan pouco coñecido para nós. Fixeron actividades de iniciación moi divertidas e diversas: pases, desprazamentos,exercicios de derruba en colchóns, iniciáronse aos ensaios... Houbo nenos/as aos que se lles daba moi ben este deporte, a ver ser alguén se anima e proba a practicalo este verán!
Moitas grazas ao Barbanza Rugby Club por achegarnos este deporte á escola!














































