27 de febreiro de 2024

De plantación

Tiñamos previsto ir plantar na mañá do venres, o Día de Rosalía, pero a chuvia non deu tregua e tivemos que adialo. Hoxe non choveu e alá marchamos de plantación todo o alumnado e profesorado do Brea, como xa é tradición.  Subimos á caseta das cabuxas para plantar carballos, castiñeiros, cerdeiras e un freixo. Como cada curso, colaboramos coa Comunidade de Montes o Fieitoso de Taragoña e o Colectivo Veciñal Fousas ao Monte para que a nosa contorna, o noso monte, manteña a biodiversidade e que, pouco a pouco, aumente a cantidade de frondosas autóctonas no monte de Taragoña. 

Grazas a Emilio, Marina, Luís e Carlos, a Comunidade de Montes e a Fousas ao Monte, por acompañarnos e axudarnos a plantar e a entender a importancia do que estamos facendo, ano tras ano. 

Viva o noso monte! 
















24 de febreiro de 2024

Día de Rosalía: flores e versos

 Ao longo da semana tamén fomos elaborando flores de papel, que decoramos con algúns versos de Rosalía. Flores e versos para lembrar e celebrar a  Rosalía de Castro. Quedaron ben bonitas!



Rosalía en viñetas

Seguimos traballando coa banda deseñada, desta vez convertendo os versos de Rosalía en viñetas. Que cousas bonitas fixestes! Como locen os versos de Rosalía nos vosos deseños!













Caldo de gloria


No Brea xa é tradición, non podemos celebrar o Día de Rosalía sen o caldo de gloria. Un curso máis Columba e José Luís prepararon para todos nós un delicioso caldiño. Mil grazas, cociñeira e cociñeira!! estaba riquísimo!!












Este ano, ademais, levamos para casa os manteis da Fundación Rosalía de Castro, Caldo de Gloria,  co poema Miña casiña, meu lar, que nos enviou o Concello de Rianxo. Grazas!


Día de Rosalía 2024

 

Estivemos traballando nas aulas cos dous poemas de Rosalía propostos pola AELG: Que feira rapaza! e Adiós ríos, adiós fontes. En 5º e 6º traballaron tamén sobre o manifesto de Carlos Callón. E o 23 de febreiro xuntámonos para recitar e celebrar a obra e o legado de Rosalía de Castro. 

ROSALÍA: O AMOR DA PATRIA GALEGA









QUE FEIRA RAPAZA!






ADEUS RÍOS, ADEUS FONTES








Viva Rosalía!