Amosando publicacións coa etiqueta Día de Castelao. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día de Castelao. Amosar todas as publicacións

20 de xaneiro de 2024

Castelao


O 30 de xaneiro, ademais do Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, celebramos o Día de Castelao e o Día da Ilustración. Castelao representa todos os valores a conmemorar nesa data, polo que, cada ano, realizamos unha nova achega á súa vida e á súa obra. Xa temos na nosa Aula Virtual os recursos cos que a BBS propón que este curso Castelao volva a estar presente nas nosas aulas. 

3 de febreiro de 2023

Na exposición de Castelao

Ao longo desta semana fomos visitando con calma a exposición das láminas de Castelao. Forman parte de tres catálogos: Milicianos, Atila en Galiza e Galiza mártir, cos que Castelao denunciou as inxustizas e barbaridades que se viviron en Galiza e España durante a Guerra Civil. A ilustración como medio para aprender da historia, para "ler" nas imaxes e para defender os valores da paz e da tolerancia.




30 de xaneiro de 2023

No Xardín da Memoria

Como cada ano, rematamos os actos do 30 de xaneiro levando cada clase unha nova planta ao Xardín da Memoria. 







Imaxina

Ao rematar o xogo das láminas de Castelao, xuntámonos para escoitar ao alumnado de 5º e 6º interpretar Imaxina de John Lennon e antes, Almudena, Carla Rial e Iván lembráronnos que conmemoramos o 30 de xaneiro. 






Día Escolar pola Non Violencia e a Paz, Día da Ilustración, Día de Castelao

O 30 de xaneiro conmemoramos tres datas importantes que fan referencia á non violencia, a creatividade e o compromiso coa cultura e con Galicia. 

Na Hora de Ler cada neno e nena do colexio recibiu unha peza dun crebacabezas cunha pregunta sobre Castelao.


Coas respostas ás preguntas houbo que buscar aos compañeiros/as que tiñan a mesma pregunta e  pezas do mesmo crebacabezas.



Despois tocou reconstruír a lámina entre todos/as.





E montar a exposición coas láminas de Castelao sobre a guerra, a violencia e a inxustiza.