O 30 de xaneiro conmemoramos tres datas importantes que fan referencia á non violencia, a creatividade e o compromiso coa cultura e con Galicia.
Na Hora de Ler cada neno e nena do colexio recibiu unha peza dun crebacabezas cunha pregunta sobre Castelao.
Coas respostas ás preguntas houbo que buscar aos compañeiros/as que tiñan a mesma pregunta e pezas do mesmo crebacabezas.
Despois tocou reconstruír a lámina entre todos/as.
E montar a exposición coas láminas de Castelao sobre a guerra, a violencia e a inxustiza.
O que mais me gustou foi o de ir buscando o sitio para reunir as pezas do puzzle.
ResponderEliminar