27 de novembro de 2018

Bebé bigotes

Hoxe no recreo Marta, Uxía López, Uxía Lojo e Uxía Lorenzo contáronnos
Bebé bigotes de Patacrúa e Alessandra Cimatoribus. 
Unha vella moi vella e un vello moi vello desexaban con todas as súas forzas ter un bebé, pero non tiñan nin idea de como facelo. Despois de moitos intentos chegaron a unha conclusión: facer un fillo non é tan sinxelo. Un día a velliña tivo unha idea…
Bebé bigotes é unha historia chea de humor e tenrura, cunhas ilustracións moi coloridas e chamativas. Boa escolla, contadoras!





Moi ben, contadoras!

26 de novembro de 2018

Vexetais en movemento

O noso Obradoiro de Stop Motion comparte unha nova entrega das súas creacións vexetais. Desta vez temos as primeiras experiencias do segundo grupo con esta técnica de animación. Champiñóns, brócolis, orellóns, figos, abelás, pementos... en acción! Bo traballo!

25 de novembro de 2018

25 de novembro: Non as violencias machistas

ESPAZO LIBRE DE VIOLENCIA MACHISTA





O venres tivemos na escola o acto central da campaña Rianxo en Negro. Non puidemos xuntarnos cos nen@s e profesorado dos outros centros de ensino porque chovía, pero en cada escola xuntámonos para mostrar o noso compromiso e a nosa tolerancia cero coa violencia machista. 
As vosas voces, as vosas mans en alto e os vosos sorrisos emociónannos e fálannos dun futuro mellor.  

NON ÁS VIOLENCIAS MACHISTAS!

3ª quenda de obradoiros

Comezamos unha nova quenda de obradoiros, xa vai a terceira! Seguimos moi content@s coa experiencia, aprendendo moito, profes e nen@s. 😃












23 de novembro de 2018

Novo grupo de axudantas

Esta semana tivemos un novo grupo de axudantas colaborando c@s profes do equipo de biblioteca nos recreos. Sortearon as Mochilas Viaxeiras, colocaron libros nos andeis, selaron novidades, controlaron o uso dos ordenadores... Que sorte temos coas nosas axudantas e axudantes! 



A sopa queima

Alba, Iker, Lara e Xiana foron os contador@s desta semana. Escolleron unha historia que fala de alimentación con moito humor e nos di que facer cando temos un problema moi, moi habitual coa sopa, o caldo, o leite... A sopa queima de Pablo Albo e André Letria é un conto que nos encanta pola historia e polas ilustracións e que este martes nos gustou aínda máis polas contadoras e contador de primeira que tivemos a sorte de escoitar.

Anunciando o conto na entrada



Bravo!!!

Mochilas en novembro

As Mochilas volveron saír en días de chuvia e vento; tempo de estar pola casa á quenturiña e aproveitar para ler, ver pelis, cociñar, escoitar música... Que gocedes moito con elas! 😃

Libriño no Araño

Libriño segue de paseo polo concello. Desta volta foi ata ao Araño, de par da graneira máis longa do mundo! Estas dúas semanas choveu case a diario, así que ir sacar a foto foi complicado para a maioría de vós, pero en todos os Cadernos de Viaxe destes coa resposta correcta. Moi ben!!
E tamén mandastes fotos da mochila nas vosas casas ou da visita de Libriño a Brea Segade. Xenial! Moitas grazas!
Escolleu un día de sol :-)

Carlota, Jorge e Ana no hórreo do Araño. Bravo!
Moi ben!
Héctor con Brea Segade
Diego coa Mochila Viaxeira

21 de novembro de 2018

Rianxo en negro

O noso obradoiro de Stop Motion quixo sumarse á campaña Rianxo en negro e o venres pasado elaborou unhas breves montaxes para afirmar que o noso cole é un espazo libre de violencias machistas. As ideas, as montaxes, o traballo en equipo e as ganas de participar son dos nenos e nenas do Brea Segade. Orgullo! Grazas!

Rianxo en negro from Biblioteca Brea Segade on Vimeo.

18 de novembro de 2018

Renovámonos!

Xa vos dixemos que as Xornadas de Bibliotecas ás que asistimos a finde pasada ían notarse na BBS, que viñamos con forzas renovadas, a cabeza chea de ideas e proxectos... 
O luns, sen deixar pasar un día, xa empezamos a poñer "patas para arriba" a biblio 🙆 Renovarse ou morrer! Queriamos un novo aspecto para a nosa biblio, acorde cos novos servizos e proxectos que temos en marcha e en mente... 😀 Cremos que o conseguimos. Martes a BBS parecía outra! 😍 A nós gustanos moito como quedou, e a vós?






Axudantas BBS

Selar, ordenar, repoñer nos andeis, dar avisos, axudar a poñer "patas para arriba" a BBS...  O grupo de axudantas desta semana non tivo parada e sempre cun sorriso na cara. Así dá gusto!



Moi ben!

17 de novembro de 2018

Stop Motion 2

Pementos, brócolis, champiñóns, noces, abelás, castañas... cobraron vida na segunda quenda do obradoiro de Stop Motion. De novo vimos a creatividade e imaxinación dos nenos e nenas do Brea Segade en acción!