31 de maio de 2021

Xeografías lectoras: recunchos de lectura 14

As Mochilas Viaxeiras remataron hoxe as viaxes do curso 2020-2021. Despois de meses levando un anaquiño da BBS ás vosas casas toca descansar ata o curso que vén. 

Queremos destacar o ben que resultaron as Mochilas este curso. Apostamos por elas pese ás dúbidas iniciais e elaboramos un protocolo moi estrito, con corentena ao chegar ao cole e antes de marchar de novo, para asegurar que ían ser seguras e que todo ía resultar ben. Así foi! 

Desde a BBS queremos agradecer a colaboración das familias, que cumpristes prazos, escribistes nos Cadernos de Viaxe, enviastes fotos dos recunchos de lectura... Agradecer tamén o traballo dos axudantes de 5º e 6º na xestión das Mochilas, imprescindible este ano, que tiñamos os tempos tan axustados. 

Despedimos ás Mochilas Viaxeiras 2020-2021 cunha imaxe dun recuncho de lectura e un dos libros favoritos desta última viaxe.

Grazas, Diego e familia, pola compartila con tod@s nós!

30 de maio de 2021

Na BBS tod@s contamos: Breo, Dália, Ezequiel, Lucía e Lucas

 

Breo, Dália, Ezequiel, Lucía e Lucas representan para nós Mateo de Paula Carballeira. Con Mateo pechamos os contacontos deste curso, que volveron ser virtuais, pero demostraron, unha vez máis, que na BBS tod@s contamos e moi ben, por certo. 

Grazas a todos os contadores e contadoras que vos animastes a participar e que enchestes a BBS de boas historias.😘😘

25 de maio de 2021

Voluntariado de lectura A

A nosa biblioteca foi unha das dez seleccionadas dentro da iniciativa Voluntariado de lectura A, que promove o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura entre o alumnado de 5º e 6º de Primaria. Esta iniciativa forma parte do programa Biblioteca Escolares Solidarias promovido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social. Recoñécese o traballo dos Axudantes da BBS neste ano tan complicado para realizar traballo colaborativo nas bibliotecas escolares. O premio consiste na participación nun obradoiro de formación, que levaremos a cabo antes de que remate este curso.

Parabéns, axudantes da Biblioteca Brea Segade!



 

24 de maio de 2021

Mochilas Viaxeiras 14

O venres emprenderon a súa última viaxe as Mochilas Viaxeiras! Saíron cara ás casas de Diego e Nerea, que xa empezaban a pensar que este curso non lles ía tocar. Como non? As Mochilas non fallan 😃  

Boas lecturas! Gozade moito das Mochilas Viaxeiras.


Na BBS tod@s contamos: Diego, Mikel, Rita e Rubén

 

Mikel, Diego Ferreira, Rita e Rubén escolleron Galiño Pelado de Paula Carbonell para contárnolo por medio de imaxes, cun "galiño pelado" cuspidiño ao ideado por Philip Giordano, o ilustrador do conto. 

Bravo contadores e contadora! 

Como nos gusta o pillabán do galiño pelado 😉!

20 de maio de 2021

Xeografías lectoras: recunchos de lectura 13

As Mochilas Viaxeiras volveron á biblio para repostar antes da que será a súa última saída. Os Cadernos de Viaxe están xa ateigados de mensaxes sobre as Mochilas e as vosas lecturas favoritas e temos unha nova achega dun recuncho de lectura.

 Grazas, Jorge e familia por compartir o teu recuncho de lectura con nós!

17 de maio de 2021

Xela Arias: Letras Galegas 2021

Hoxe é o Día das Nosas Letras
Este ano adícanse a unha muller, poeta, tradutora, editora e profesora de ensino secundario: Xela Arias. 
Convidámosvos a escoitar os seus poemas musicados, a ver vídeos sobre a súa vida e a súa obra, a ler os seus poemas e as súas traducións. Tal e como levamos facendo nas aulas nas últimas semanas, entrade na páxina que creamos para Xela e  descubride a súa interesantísima vida e obra. 
Pero sobre todo, convidámosvos a que celebredes o Día das Letras Galegas como facedes cada día do ano: falando galego, vivindo en galego e mergullándovos na nosa cultura desde a tradición oral á produción literaria, audiovisual e musical máis vangardista. 
 
Mil primaveras máis para a nosa lingua! 
 
Feliz Día das Letras Galegas. 
 
 

16 de maio de 2021

"Fake News"

En Sexto estiveron traballando sobre os embustes nas redes e nos medios de comunicación, as "Fake News". Este é o mural que elaboraron co Decálogo contra as Fake News.



No seu blog explican o traballo e a orixe do decálogo.

Fina Casalderrey

 


Carteis Máis ca Leña

A aula de 2º preparou unha nova remesa de carteis de concienciación da necesidade de non botar lixo nas instalacións das cabras e de non darlle de comer na boca a Michel. 

Máis claro imposible e aínda hai quen non o entende! 😦😡

Bo traballo, Segundo!











Espazo Argalleiro

O Espazo Argalleiro segue a ser o noso recuncho de creatividade, onde cada día vemos cousas tan chulas coma estas:





13 de maio de 2021

Xornadas Músicas na Historia Galega

Hoxe, José Luís estará nas Xornadas Músicas na Historia Galega que se celebran no Conservatorio Superior de Música da Coruña presentando o Cancioneiro Escolar Urxente. É un orgullo e unha ledicia que as músicas de Rianxo e o traballo de recuperación da nosa tradición que se está a desenvolver no noso colexio se dea a coñecer nun dos centros de formación superior dos músicos e músicas de Galicia.

10 de maio de 2021

Na BBS tod@s contamos: Abel, Diego, Rafa e Saúl

 

 Saúl, Rafa, Diego e Abel cóntannos A meniña de libros de Oliver Jeffers, unha fermosa historia que nos convida a usar a nosa imaxinación e adentrarnos no mundo das letras e dos libros. Moi ben, contadores!

Paula Carballeira


A aula de Sexto investigou sobre as escritoras que formaron parte do Reto de lectura que a BBS lanzou este curso, coincidindo co Día das Escritoras. Iremos publicando os seus traballos, que tamén están accesibles na entrada da biblioteca, usando as tablets. Só tedes que escanear o código QR e descubrir que escritoras tan fascinantes temos na nosa lingua e que boas investigacións fixeron os compañeiros e compañeiras de Sexto.

8 de maio de 2021

Con Carlos Ces

Este venres o alumnado de 5º e 6º tivo a sorte de participar nunha charla e un  obradoiro con Carlos Ces, o informático do Concello de Rianxo. En 5º falaron sobre ciberseguridade e en 6º aprenderon a crear videoxogos que poderán utilizar en tablets, ordenadores e smart phones. Foi unha mañá ben interesante e moi produtiva, seguro que de aquí saírán moitos vídeoxogos "feitos na casa" 😉

Grazas, Carlos, por compartir o teu tempo e o teu saber con nós!


No blog de Sexto tedes máis información sobre o obradoiro de videoxogos. 

Mochilas Viaxeiras 13

Nova saída das Mochilas Viaxeiras! Aínda quedan casas de 3º, 4º e 5º que visitar. Que gocedes moito delas, en familia! 😃



7 de maio de 2021

Proxecto Ríos: maio, 5º e 6º

Esta semana o alumnado de 5º e 6º realizou a 2ª visita de recollida de datos no río Té. Como parte do Proxecto Ríos temos que realizar seguimento do noso "anaco do Té" en outono e primavera. Volvemos recoller datos sobre o estado da auga, o caudal, o PH, os niveis de osíxeno e nitrato... e a flora e a fauna do bosque de ribeira. Desta vez centrámonos na descuberta dos macroinvertebrados e anfibios do río e foi incrible o que tal atopamos: ras, cabaliños do demo, libeliñas, samesugas, efémeras... Todos estes indicadores acreditan o bo estado de saúde do noso río 😃

Grazas, Emilio, por guiarnos unha vez máis na descuberta dos tesouros do Té!