17 de maio de 2021

Xela Arias: Letras Galegas 2021

Hoxe é o Día das Nosas Letras
Este ano adícanse a unha muller, poeta, tradutora, editora e profesora de ensino secundario: Xela Arias. 
Convidámosvos a escoitar os seus poemas musicados, a ver vídeos sobre a súa vida e a súa obra, a ler os seus poemas e as súas traducións. Tal e como levamos facendo nas aulas nas últimas semanas, entrade na páxina que creamos para Xela e  descubride a súa interesantísima vida e obra. 
Pero sobre todo, convidámosvos a que celebredes o Día das Letras Galegas como facedes cada día do ano: falando galego, vivindo en galego e mergullándovos na nosa cultura desde a tradición oral á produción literaria, audiovisual e musical máis vangardista. 
 
Mil primaveras máis para a nosa lingua! 
 
Feliz Día das Letras Galegas. 
 
 

1 comentario: