Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións

1 de novembro de 2023

Indo para o Samaín

O luns 30 de outubro, o grupo de 5º de Proxecto Competencial representou, no recreo, a obra de Carlos e Sabela Labraña, Indo para o Samaín. 

Traballaron sobre o texto teatral, prepararon os papeis, ensaiaron, elaboraron accesorios para se caracterizar e na semana do Samaín, compartiron o seu traballo na biblio. 

Moi bo traballo rapaces e rapazas de 5º! Grazas por compartilo con nós!







Bravo!

26 de outubro de 2022

A figueira de Pelostortos

 Volven os contacontos do recreo! Neste Mes das bibliotecas imos retomando boa parte das actividades que son a esncia da BBS: recreos creativos, axudantes, Mochilas Viaxeiras, directos da Radio BBS... e hoxe volveron os contacontos do recreo! 

A aula de Sexto abriu a tempada de contacontos dramatizando A figueira de Pelostortos, un clásico imprescindible deste tempo de Samaín, de historias de medo e de risa. A figueira de Pelostortos, de Ana García Castellano e Mikel Mardones,  leva sendo un dos contos favoritos na BBS desde que se publicou e o Samaín non había ser o mesmo sen escoitala, lela ou dramatizala.

Grazas, Sexto, por comezar os contacontos deste curso e por traer á BBS a Pelostortos, que tanto nos gusta e tan ben nolo fai pasar. 

Estivestes xenial!


Anunciando o conto na entrada











Bravo, Sexto!

3 de novembro de 2021

Vampiros en Stop Motion

A aula de 5º aproveitou a proposta do Equipo de Extraescolares de facer vampiros na mañá de Samaín para darlles vida e empezar a usar a técnica de Stop Motion. Aquí tedes o resultado. Entrade no seu blog para ver o proceso de creación.

31 de outubro de 2021

Samaín!

O venres celebramos o día de Samaín no cole, pero xa desde o mércores a entrada estivo decorada cunha terrorífica exposición de cabazas talladas nas casas. 
Hoxe, 31 de outubro, celebrade o día de Samaín nas vosas casas e pasádeo de medo! 🎃🎃

31 de outubro de 2020

Samaín 2020

 

Este ano a nosa exposición de cabazas é virtual, así podemos compartir as terroríficas creacións que tedes nas vosas casas.

Grazas a tod@s por participar. 

Feliz Samaín!

31 de outubro de 2019

Samaín 2019

O Samaín chegou ao Brea Segade e foi enchendo o cole de cabazas, bruxas, esqueletos,  pantasmas, arañas, gatos negros, medos, sustos e moitas ganas de pasalo de medo!!!! 😈👻


E xa no mércores, o día de Samaín no cole...





Feliz Samaín!

3 de novembro de 2018

Saboroso Samaín

O venres celebramos o Samaín no colexio, despois dun par de semanas de traballo nas aulas e nas casas: tallado de cabazas, decoración do colexio, investigación e presentacións sobre personaxes terroríficos, lecturas de medo... Entre outras actividades para a mañá do venres,  o Equipo de Actividades Extraescolares organizou uns obradoiros de cociña de Samaín con froita, friame, galletas e pan de molde. Así de vistosos e apetecibles foron os resultados: