26 de outubro de 2023

Samaín na Radio BBS

No cole xa se "respira" Samaín e a Radio BBS non podía ser menos. Hoxe os axudantes da BBS emitiron un especial bandas sonoras de series e pelis de medio, defuntos... Samaín. 




Mochilas Viaxeiras 2023

Hoxe saíron as primeiras Mochilas Viaxeiras do curso 2023-2024!  De momento saíron 6, unha para cada clase, pero ao longo do curso iremos tendo máis mochilas para as clases máis numerosas. Agardamos que as mochilas sexan moi ben acollidas nas vosas casas e que dean pé a bos momentos en familia, ao redor da lectura. 

Que teñades boas lecturas!

20 de outubro de 2023

Axudantes BBS. Equipo 1


Primeira semana dos axudantes na biblio; así dá gusto! 

Emitindo de novo!

Esta semana volveron os directos do recreo da BBS!! Os nosos axudantes de 5º e 6º emitiron un especial sobre a banda sonora do Xabarín Club e aproveitaron para contarnos algunhas das novidades deste novo curso. Viva a Radio BBS!


Se chove...

 Se chove, deixa chovere... e vén á BBS no recreo. Así de viva estivo a BBS esta semana de temporais encadeados. 😍









Expo completada

 



Ao longo da semana, día a día, coa colaboración de varios grupos, fómoslle poñendo nome ás escritoras que presiden a entrada da BBS. Houbo que buscalas en internet, revisar ben a expo para localizalas e, de paso, fixarnos nas obras que escribiron.  Houbo sorpresas, ao ver que algúns dos nosos títulos favoritos foran escritos por elas. Agora xa podemos "poñerlle cara" a algunhas das autoras máis lidas na BBS e seguir léndoas. 

Buscando entre libros

1º e 2º tamén visitaron a exposición do Día das Escritoras. Tiveron que buscar as portadas dos libros que se correspondían cos anacos que lles entregamos. E fixérono moi ben! De paso xa foron escollendo lecturas para a semana que vén. 😉







17 de outubro de 2023

Na exposición das escritoras

Hoxe 4º e 5º visitaron a exposición das escritoras e resolveron enigmas buscando información nas portadas dos libros. Ademais de superar o reto e descubrir información sobre as escritoras e as súas obras, xa foron escollendo títulos que lles teñen boa pinta para ir levando en préstamo a partir da semana que vén. 













16 de outubro de 2023

Día das Escritoras

Na BBS celebraremos o Día das Escritoras  ao longo da semana, con actividades para cada curso ao redor da exposición que temos na entrada do centro e que iremos completando entre tod@s a medida que a vaiamos visitando.





13 de outubro de 2023

Queda sitio na vasoira?

Hoxe comezaron os contacontos do recreo do curso 2023-2024 e fixérono cunha contadora moi especial, unha bruxa, chamada Noelia, que entre outras cousas é antiga alumna do cole e contadora habitual da BBS nos seus tempos de escola. 

Para abrir a tempada e xa que estamos en outubro, mes do Samaín, Noelia escolleu un conto cunha bruxa como protagonista, Queda sitio na vasoira? de Julia Donaldson e Axel Scheffler. Moi boa escolla! 

Veu con vasoira, sombreiro e moita maña contando contos, tanta que se gañou ao público do Brea, que é un público esixente e experto, todo hai que dicilo. 

Grazas, Noelia, encantounos o conto e encantounos terte con nós na BBS de novo! 😍