28 de abril de 2019
Biblioteca creativa e impresión 3D: 5º quenda
Continuamos descubrindo que a nosa biblioteca permite aprender con libros, con xogos, con tablets, manipulando, experimentando... Un novo grupo programou e fixo funcionar a impresora 3D, creou deseños para imprimir e para xogar cos escornabots e probou os novos recursos da BBS.
Ciencia divertida: 5ª quenda
Os alimentos seguen a dar pé a experiementos sorprendentes. O volcán con vinagre e bicarbonato está entre os favoritos. 😉
Obradoiro de cociña: 5º quenda
O quinto grupo de cociñeiros e cociñeiras fixeron pizzas antes de Semana Santa e galletas o venres pasado. Encheron a escola de arrecendos que nos abriron o apetito a tod@s. Bo traballo cociñeir@s!
Afillados e afilladas lectores
Así recollen no blogue de Terceiro que lles pareceu o Apadriñamento Lector e que fixeron para agradecer os contos e agasallos aos seus padriños e madriñas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)