28 de febreiro de 2022

As nosas entrevistas: Montse Rivera e Xiao Berlai de Pesdelán

Aproveitando a visita de Pesdelán ao noso cole,  alumnado de 2º e 5º entrevistou a dous dos membros do grupo: Montse Rivera e Xiao Berlai.  

 

Aquí tedes a entrevista, imprecindible para saber máis sobre o grupo que nos puxo a todos/as a bailar no venres de Entroido. 

Grazas, Montse e Xiao!

 Grazas, Pesdelán!

 

Entroido con Pesdelán

25 de febreiro de 2022

Mochilas Viaxeiras 9

Lecturas, música e pelis para estes días de Entroido! Este xoves saíron de novo as Mochilas Viaxeiras; que gocedes moito con elas!

Os nosos carteis

Esta semana puxemos uns carteis provisionais no sitio dos que nos roubaron. Levan mensaxes ben clariñas, para que se nos entenda ben. 
 
 


De viaxe polo Barbanza 8

Nesta semana de Entroido no tamén viñeron de volta e saíron de novo as Mochilas Viaxeiras. Como en cada viaxe deste curso trouxeron propostas de saídas en familia: 

- A praia de Carragueiros en cabo de Cruz. 

- O monte do Castro. 

- O mirador da Pedra da Ra en Ribeira. 

- As dunas de Corrubedo.

Grazas a Leire, José Ángel, Noela e ás súas familias polas fotos e grazas a todos polos debuxos e comentarios nos Cadernos de Viaxe.

23 de febreiro de 2022

Día de Rosalía: 2º recita Has de cantar

Día de Rosalía: sementade pensamentos

Seguindo outra das propostas da Asociación de Escritores en Lingua Galega para celebrar o Día de Rosalía, todas as clases participamos na plantación de pensamentos, que adornan a entrada do colexio. Cada clase tiña unha xardineira na que plantar tres pensamentos.




Día de Rosalía: caldo de gloria

Fixen un caldo de gloria 

que me soubo que a mar, 

fixen un bolo do pote 

que era cousa de envexar. 

Hoxe volvemos tomar o caldo de gloria! O ano pasado non puidemos, pero hoxe si, retomamos a tradición en no Día de Rosalía o cole arrecendeu a caldo, que nos soubo a gloria! 

Grazas aos noso cociñeiros, Tino e José Luis,

 que cada ano o fan mellor. 

Radio na biblio: obradoiro de radio

Hoxe o alumnado de 5º participou nun obradoiro de radio como parte das actividades de formación do proxecto Radio na Biblio, do que forma parte a BBS. Estivo con nós Sergio Pascual, de Laboratorio de Radio, que xa estivera no cole na nosa primeira formación, cando entramos a formar parte deste proxecto. 
Foron tres horas moi ben aproveitadas, nas que Sergio empezou sentando as bases do traballo en radio, a escoita, e, por medio de diferentes dinámicas, levounos a identificar os principais ingredientes do traballo na radio: a voz, a música, o silencio e os efectos de son.
Despois chegou o momento de crear as historias que contar por medio da radio. Sergio propuxo traballar en grupos e explicou como elaborar un guión, repartir tarefas, introducir efectos de son... E para rematar, gravamos as historias.
Grazas, Sergio, por todo o que hoxe compartiches con nós. Quedamos cun bo feixe de ideas e recursos e sobre todo con moitas ganas de continuar traballando, gozando e sacando proveito da nosa radio escolar. Grazas!