29 de setembro de 2021

Búscanse axudantes!

Volven os axudantes da BBS! 

Rapaces e rapazas de 5º e 6º se queredes formar parte do equipo de axudantes da BBS deste curso, enviade un comentario nesta entrada do blog co voso nome. Comezamos o 6 de outubro. Animádevos!

Ilustración do cartel: Bille Weidenbach

Suceden tanatas fantásticas aventuras na biblioteca! Vén e compróbao!

27 de setembro de 2021

Segundo emprende viaxe!

Os nenos e nenas de 2º estiveron hoxe na biblio, lembrando o moito que xa sabían sobre ela: normas, mascota, uso de táboas, colocación dos libros... Tamén coñeceron a Panchito o protagonista do Periplo Atlántico que todos/as fomos coñecendo estes días. 
Segundo tamén está xa... listo para partir!

26 de setembro de 2021

Máis ca leña: resina

Retomamos as actividades do proxecto Máis ca leña!
 
Este venres tres comuneiros de Baroña estiveron en Campo Maneiro aprendéndolle ao alumnado de 1º, 5º e 6º a extraer resina dos piñeiros, unha das actividades de aproveitamento do monte que en Baroña levan anos realizando. Ensináronnos o método tradicional de extración da resina e un método máis moderno con trade eléctrica e recollida da resina nunha bolsa. Faláronnos dos usos da resina, do beneficio económico para a comunidade de montes, das empresas ás que envían a resina recollida... 
Foi moi interesante! Seguimos aprendendo sobre o monte e a súa enorme riqueza, que é moito máis ca leña.

Grazas á Comunidade de Montes de Baroña por compartir 
tempo e experiencia con nós!
 
Grazas, Emilio, por facelo posible!
Grazas, Baroña!

23 de setembro de 2021

Primeiro emprende viaxe!

Hoxe os nenos e nenas de Primeiro estiveron na biblioteca coñecendo a Libriño, a nosa mascota, probando a buscar libros nos andeis, descubrindo cantas cousas poden facer e aprender na BBS e escoitando como foi a viaxe de Panchito ata a Antártida. Unha marabilla ver as ganas coas que veñen estes nenos e nenas de Primeiro. List@s para partir!

22 de setembro de 2021

Terceiro emprende viaxe!

Terceiro tamén está listo para partir! Hoxe, en grupos, fixeron unha busca de libros pola biblioteca seguindo as indicacións de Libriño, a nosa mascota, e de Panchito, o pingüín galego 😉.

Cuarto emprende viaxe!

Os nenos e nenas de Cuarto tamén coñeceron a Panchito e o seu Periplo Atlántico e lembraron como atopar os fondos que buscan na biblioteca usando a CDU ilustrada. List@s para partir!

Recreos na BBS

Nos recreos na biblio non hai parada...Os luns a BBS é para Terceiro.

Os martes é a quenda de Cuarto.
E os mércores de Sexto.