14 de maio de 2024

Radio BBS: Mulleres na música galega

Compartimos un novo podcast da Radio BBS, desta vez elaborado polo alumnado de 4º curso, sobre as mulleres na música galega, dentro do proxecto da biblioteca "Sempre dando a nota" e do proxecto "Donas de si".
Premede no enlace para escoitalo e gozar de boa música feita por mulleres.


Fantástico traballo, 4º!

Letras Galegas: Rodicio de Luísa Villalta

Demostrade o moito que sabedes sobre Luísa Villalta con este Rodicio elaborado polos compañeiros e compañeiras do Seminario Galán, que un ano máis, deseñaron e crearon uns recursos fantásticos para dar a coñecer a figura da escritora homenaxeada nas Letras galegas. Grazas! 

12 de maio de 2024

Primavera das Letras: Luísa Villalta


Un ano máis a Real Academia Galega publicou unha páxina con información e actividades para dar a coñecer a vida e a obra de Luísa Villalta. Primavera das Letras ten un montón de recursos para descubrir á escritora homenaxeada este ano, moitos xa os coñecedes porque os usamos nas clases, pero seguro que atopades outros que tamén vos van gustar. Animádevos a visitar a Primavera das Letras!

11 de maio de 2024

Letras Galegas 2024: Luísa Villalta

A punto de comezar a semana das Letras Galegas compartimos un podcast elaborado polo alumnado de 5º, de Proxecto Competencial, no que nos falan sobre Luísa Villalta, a escritora homenaxeada nas Letras Galegas 2024. 

Premede no enlace para escoitar o podcast:




10 de maio de 2024

Pasando a bóla. A banda dos insectos

Onte tivemos un espectáculo de títeres e teatro na nosa biblio. Celtia Figueiras, de A xanela do maxín, representou Pasando a bóla. A banda dos insectos, espectáculo baseado no seu libro, do mesmo nome, que trata sobre o acoso escolar. Contou coa colaboración de dez voluntarios e voluntarias de 5º, que representaron o que Celtia ía contando. Que ben o fixeron!

Falar sobre o acoso, o maltrato e os dereitos dos nenos e as nenas é imprescindible, para detectalo e evitalo. Facelo por medio dos contos e do teatro é fantástico porque axuda a identificar situacións que non sempre identificamos como acoso e facilita a reflexión e o diálogo. 

Grazas, Celtia! Grazas a Narciso e ao Consorcio Editorial 

que trouxeron "a banda de insectos" á BBS.









9 de maio de 2024

Radio BBS: Hip Hop


Novo programa da Radio BBS, desta vez elaborado polo alumnado de 5º, como resultado do seu proxecto sobre Hip Hop e rap. Comparten con nós música que escoitaron no transcurso do proxecto e información sobre grupos e intérpretes de hip hop e rap. Foi tanta a información que recolleron e a musica que descubriron, que elaboraron dous podcasts, para poder incluír todos os temas e artistas que lles parecen interesantes.

Premede nos enlaces e dispoñédevos a escoitar bo Hip Hop e rap! A ver se sodes capaces de escoitalos sen bailar! 😉

Hip Hop 1

Hip Hop 2


3 de maio de 2024

Mochilas Viaxeiras 13


Nada mellor para facer fronte a estes días de chuvia e vento que os libros das Mochilas Viaxeiras! Poñédevos á caloriña e a ler! Boa finde!