Amosando publicacións coa etiqueta Castelao b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Castelao b>. Amosar todas as publicacións
23 de xaneiro de 2024
20 de xaneiro de 2024
Castelao
O 30 de xaneiro, ademais do Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, celebramos o Día de Castelao e o Día da Ilustración. Castelao representa todos os valores a conmemorar nesa data, polo que, cada ano, realizamos unha nova achega á súa vida e á súa obra. Xa temos na nosa Aula Virtual os recursos cos que a BBS propón que este curso Castelao volva a estar presente nas nosas aulas.
23 de xuño de 2023
Cousas
O Concello de Rianxo agasallou a todos os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria dos coles do municipio cun exemplar de Cousas de Castelao. Unha boa lectura para ir coñecendo a obra literaria do escritor rianxeiro. Grazas!!
30 de xaneiro de 2023
Día Escolar pola Non Violencia e a Paz, Día da Ilustración, Día de Castelao
O 30 de xaneiro conmemoramos tres datas importantes que fan referencia á non violencia, a creatividade e o compromiso coa cultura e con Galicia.
Na Hora de Ler cada neno e nena do colexio recibiu unha peza dun crebacabezas cunha pregunta sobre Castelao.
Coas respostas ás preguntas houbo que buscar aos compañeiros/as que tiñan a mesma pregunta e pezas do mesmo crebacabezas.
Despois tocou reconstruír a lámina entre todos/as.
E montar a exposición coas láminas de Castelao sobre a guerra, a violencia e a inxustiza.
29 de xaneiro de 2023
16 de setembro de 2021
Periplo Atlántico
Comezamos as sesións de formación de usuarios/as con cada clase, para retomar a actividade das titorías na biblioteca e, de paso, lanzar o tema do Proxecto Documental Integrado deste Curso: De viaxe!
Sempre escollemos un conto para abrir o novo curso na BBS e ir ambientando o tema de traballo proposto. Desta volta temos un conto que nos fala de viaxes e que constitúe unha homenaxe a Castelao e aos galegos e galegas que viviron e viven fóra de Galicia, sen perder as orixes e integrando novas culturas e aprendizaxes.
Periplo atlántico de Enrique Mauricio e Carlos Taboada, é "Unha versión moi libre de "O negriño Panchito" de Castelao" e está a ser o punto de partida da viaxe que a BBS nos convida a emprender este curso. Partimos!! 🌍
29 de febreiro de 2020
A nosa maqueta para o Salón do Libro de Pontevedra
Onte despedimos á nosa maqueta para o Salón do Libro de Pontevedra. O tema desta edición é o humor e nós decidimos traballar sobre Castelao e a súa obra como caricaturista, ilustrador e humorista gráfico. Como este curso o noso proxecto vai sobre o mar, escollemos viñetas nas que Castelao falara do mar. Non foi difícil atopalas, o galego máis universal é rianxeiro e como tal, sempre tivo presente ao mar. A nosa maqueta está feita de mar, dornas, humor e sete temas sobre os que investigamos: peixes, embarcacións e aparellos de pesca, paisaxe de costa, receitas con produtos do mar, aves mariñas, refráns mariñeiros e a propia figura de Castelao. Un ano máis un anaquiño de nós, de Taragoña e de Rianxo estará no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Xa temos ganas de que comece o Salón!
![]() | |||||
| Moi bo traballo, tripulación do Brea Segade! |
19 de maio de 2019
Periplo Atlántico
O xoves 16, antes do noso Festival das Letras, o alumnado de 1º, 2º e 3º asistiron no LIX Rianxo a un contacontos a cargo de Polo correo do vento. Enrique Mauricio e Carlos Taboada, contaron e debuxaron para nós a historia de Panchito, un pingüín que vivía en Rianxo e quería ir á Antartida, adaptación do relato de Castelo, "O negro Panchito". Encantounos o espectáculo, ver como a ilustración ía medrando diante dos nosos ollos a medida que avanzaba a historia e despois aprender a debuxar a Panchito. Teremos que buscar o libro e lembrar a aventura de Panchito na BBS 😉2 de febreiro de 2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















































