19 de maio de 2019

Periplo Atlántico

O xoves 16, antes do noso Festival das Letras, o alumnado de 1º, 2º e 3º asistiron no LIX Rianxo a un contacontos a cargo de Polo correo do vento. Enrique Mauricio e Carlos Taboada, contaron e debuxaron para nós a historia de Panchito, un pingüín que vivía en Rianxo e quería ir á Antartida, adaptación do relato de Castelo, "O negro Panchito". Encantounos o espectáculo, ver como a ilustración ía medrando diante dos nosos ollos a medida que avanzaba a historia e despois aprender a debuxar a Panchito. Teremos que buscar o libro e lembrar a aventura de Panchito na BBS 😉










Ningún comentario:

Publicar un comentario