Van alá máis de 10 anos desde que comezamos coa Hora de Ler no Brea Segade e a esencia e os fundamentos non cambian: ler por pracer, gozar coa lectura!
10 de setembro de 2022
Hora de Ler 2022-2023
Estamos de volta! A BBS aínda non abre as súas portas, pero xa empezaron a pasar cousas interesantes... Todas as clases pasaron pola biblioteca para recoller as caixas con libros, que preparou o equipo da BBS para Hora de Ler. E venres tivemos o primeiro tempo de lectura deste curso. 😍
Silencio, estamos lendo...!
23 de abril de 2021
Día do Libro: libros ao patio
Hoxe , na Hora de Ler, cada clase veu o vídeo A música das palabras e despois sacamos os nosos libros ao patio e lemos. O día non nos acompañou, pero aínda así, enchemos os espazos cubertos de libros e lecturas.
20 de outubro de 2020
Hora de Ler en 5º
Na aula de 5º están lendo o seu itinerario lector na Hora de Ler e despois do primeiro título, A marabillosa medicina de George, de Roald Dahl elaboraron libros con lapelas sobre el. Fantástico traballo, 5º!
Lendo na plataforma ELBE2
Esta semana a clase de 6º comezou a usar a Plataforma de Lectura Dixital ELBE.2 na Hora de Ler . Algúns xa a descubriron e utilizaron en 5º durante o confinamento, pero agora pasa a ser unha das opcións de lectura tamén na Hora de Ler.
Así o contan no seu blog de aula.
14 de setembro de 2019
Hora de Ler: comezamos!
3 de marzo de 2019
Día de Rosalía
![]() |
| Primeiro: Vamos bebendo! |
![]() |
| Segundo: Has de cantar |
![]() |
| Terceiro: Tecín soa a miña tea |
![]() |
| Cuarto: Castellanos de Castela e Pra Habana |
![]() |
| Engadir título |
![]() |
| Engadir título |
![]() | |
![]() |
| Quinto: Xan |














































