Amosando publicacións coa etiqueta ELBE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ELBE. Amosar todas as publicacións

20 de outubro de 2020

Lendo na plataforma ELBE2

Esta semana a clase de 6º comezou a usar a Plataforma de Lectura Dixital ELBE.2 na Hora de Ler . Algúns xa a descubriron e utilizaron en 5º durante o confinamento, pero agora pasa a ser unha das opcións de lectura tamén na Hora de Ler.

Así o contan no seu blog de aula.

28 de maio de 2019

Plataforma de Lectura Dixital en 5º

Este trimestre o grupo de 5º empezou a usar a Plataforma de Lectura Dixital das Bibliotecas Escolares de Galicia coa que comezaron o ano pasado os compañeiros/as e compañeiras que agora están en 6º. Van indo moi ben, emprestando, lendo e devolvendo libros do catálogo, colléndolle gusto tamén a lectura dixital.




10 de maio de 2018

Plataforma de Libro Electrónico


A Biblioteca Brea Segade forma parte do proxecto ELBE2, lectores electrónicos nas bibliotecas escolares, que busca introducir os dispositivos de lectura dixital nas bibliotecas dos centros escolares e facilitar ao alumnado oportunidades de achegamento ao libro dixital, nun contexto de aprendizaxe e coa guía do profesorado. Dentro dese proxecto, na BBS contamos, xa hai un tempo, con catro lectores electrónicos que están a ser usados nas aulas.
Este curso a Asesoría de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia creou unha Plataforma de préstamo de libros electrónicos, que se atopa en fase piloto, e se ofertou a 50 bibliotecas escolares de toda Galicia, entre elas á BBS. Estamos empezando a coñecer a Plataforma, a darnos de alta, facer os primeiros préstamos... 
Pinta moi ben! Seguirémosvos contando.
http://bega-elbe2.edu.xunta.es/opac/?locale=gl#indice