23 de xuño de 2023

Cousas

O Concello de Rianxo agasallou a todos os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria dos coles do municipio cun exemplar de Cousas de Castelao. Unha boa lectura para ir coñecendo a obra literaria do escritor rianxeiro. Grazas!!

21 de xuño de 2023

Lecturas para o verán

Entra e explora as nosas recomendacións de lecturas para o verán 2023.

Diplomas para os axudantes

 


Chegaron os diplomas da Xunta de Galicia, que recoñecen o traballo como voluntariado dos nosos axudantes. Parabéns, axudantes!

Non quero ser un polbo

Este luns tivemos o último contacontos deste curso e foi unha boa sorpresa. Estivo con nós Nereida, antiga alumna do Brea Segade, que rematou este curso 1º de Bacharelato. Ela xa fora contadora moitas veces mentres estivo no colexio e aceptou o noso convite de achegarse a compartir un conto con nós. Escolleu Non quero ser un polbo e puidemos comprobar que segue a ser unha contadora fantástica. 

Grazas, Nereida! Volve sempre que queiras!





17 de xuño de 2023

Jean Michel Basquiat

 A aula de 3º expuxo na entrada da BBS e da escola o resultado da súa última parada na viaxe pola arte que estiveron facendo este curso.  Desta vez coñeceron a vida e a obra de Jean Michel Basquiat. Mirade que exposición tan incrible prepararon. Bravo, Terceiro!




10 de xuño de 2023

Sondamar

Compartimos a páxina web Sondamar desde a que podedes ter acceso á revista Nossomos, a audios que a acompañan á revista e audios da Banda da Escola de Música de Rianxo. Tomádevos un tempo e visitade a páxina, vaivos sorprender, seguro. 

"Sondamar (Páxina Web, Youtube e Instagram), Nossomos (Revista) e Edaterra (Blogue) son parte dun mesmo proxecto no que traballamos diferentes persoas ás que nos une a paixón pola música, a concepción de que esta, a música, non é algo illado e alleo ao contexto socio-histórico en que vivimos e por tanto provén da nosa mesma práctica social e a convicción de que nos enriquecemos, crecemos e fortalecemos na diversidade e a confrontación construtiva das ideas."

Noraboa por esta iniciativa; estaremos atentas/os.

Pipopi

Onte tivemos contacontos no recreo. Foi moi especial porque era a primeira vez que Adan, Alexandra, Valeria, Antía García , Antía Tarrío e Xiana contaban un conto na BBS e tamén porque o conto, Pipopi, foi escrito e ilustrado por eles. Bravo! Encantounos a historia, as ilustracións e o ben que contastes o conto.

  Hai canteira de escritores/as, ilustradores/as e contadores/as en 2º. Noraboa a tod@s! 😍

Anunciando o conto na entrada










Moi ben!

7 de xuño de 2023

Lectura e familias: Paula Carballeira

Hoxe tivemos a última sesión do programa Lectura e familias. Imposible rematar mellor, estivo con nós Paula Carballeira contándonos historias de aquí, que nos encantaron a tod@s, pequen@s e grandes. Contos para coller coas mans, meter na cabeza e levar no corazón. Contos para rir, cantar, aplaudir, ouvear, volver a rir ... contos para pasalo xenial. 

Grazas, Paula!





Rematamos a nosa primeira experiencia co programa Lectura e familias moi contentas, pola participación das familias, polas experiencias que compartimos, por todas as persoas que colaboraron coa BBS neste programa e por volver ver a nosa biblio chea de vida, tamén polas tardes. 

Para o curso que vén, máis! Grazas a tod@s!