Amosando publicacións coa etiqueta Salón do Libro de Pontevedra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Salón do Libro de Pontevedra. Amosar todas as publicacións

18 de abril de 2020

O rato que quería un palacio

Hoxe, compartimos outro dos contacontos do Salón do Libro Virtual, neste caso é O rato que quería un palacio, da fantástica actriz e contadora, Charo Pita. Sentádevos comodamente e gozade do conto.


4 de abril de 2020

O pequeno morcego

Compartimos un dos contos cos que nos agasalla O Salón do Libro Virtual, xa sabedes, o Salón do Libro de Pontevedra que abriu na nube desde o 13 de marzo. Nesta ocasión temos a sorte de que Paula Carballeira conte para tod@s nós O pequeno morcego. Sentádevos cómodamente e preparádevos para gozar do conto. 


14 de marzo de 2020

No salón do Libro de Pontevedra

O xoves pasado tivemos a enorme sorte de visitar o Salón do Libro de Pontevedra. Sempre agardamos con ganas a visita ao Salón e sempre resulta unha experiencia fantástica, pero este ano ten un aquel especial pois fomos un dos coles que puido visitalo antes do seu peche a causa da crise sanitaria do coronavirus.
Con Orbil na Orbil Parade
Orbil!!!

Como centro colaborador temos a posibilidade de participar nunha actividade de animación á lectura e nunha visita guiada ao Salón. Os nenos e nenas de 1º e 2º participaron nun contacontos a cargo de Raquel Queizás e os nenos e nenas de 5º nun obradoiro a cargo de Anxo Fariña. Tremendo luxo!






Na visita a exposición quedamos abraiad@s coas salas de humor escatolóxico, humor negro, Italia ou Rodari e coñecemos un pouco mellor a Helena Villar Janeiro e Kiko Da Silva, os escritor@s homenaxeados este ano.






Visitamos os traballos escolares e atopamos a nosa maqueta 😍


Encantounos o Salón e encantounos a visita. 
Desde a BBS queremos darlles os parabéns aos organizador@s e aos colabolador@s do Salón; cada ano conseguides renovar a maxia, sorprendernos e ilusionarnos coa lectura e a cultura.
Grazas por todo o traballo e a sensibilidade que hai detrás 
de cada unha das propostas e dos elementos do Salón! 

Grazas polo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra! 
😘😘

10 de marzo de 2020

Especial Salón do Libro

https://drive.google.com/file/d/1iRanbUnWELgSelIMuYBFSYKOdWjvZf5I/view?usp=sharing
Novo programa do obradoiro de radio, nesta ocasión sobre a nosa participación no Salón do Libro de Pontevedra.

Escóitao AQUÍ ou premendo no logo da Radio BBS.

7 de marzo de 2020

XXI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Xa está aquí!!
Este ano os escritor@s homenaxeados son Helena Villar Janeiro e Kiko da Silva. 
Consultade o programa e non deixedes de ir.

29 de febreiro de 2020

A nosa maqueta para o Salón do Libro de Pontevedra

Onte despedimos á nosa maqueta para o Salón do Libro de Pontevedra. O tema desta edición é o humor e nós decidimos traballar sobre Castelao e a súa obra como caricaturista, ilustrador e humorista gráfico. Como este curso o noso proxecto vai sobre o mar,  escollemos viñetas nas que Castelao falara do mar. Non foi difícil atopalas, o galego máis universal é rianxeiro e como tal, sempre tivo presente ao mar. A nosa maqueta está feita de mar, dornas, humor e sete temas sobre os que investigamos: peixes, embarcacións e aparellos de pesca, paisaxe de costa, receitas con produtos do mar, aves mariñas, refráns mariñeiros e a propia figura de Castelao. Un ano máis un anaquiño de nós, de Taragoña e de Rianxo estará no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Xa temos ganas de que comece o Salón!

Moi bo traballo, tripulación do Brea Segade!







8 de xuño de 2019

Na BBS tod@s contamos: Regina

A nai de Nerea, Regina, estivo na biblioteca o mércores pasado lendo algúns dos contos da exposición de libros portugueses para a clase de 3º. Regina é brasileira e ofreceuse a ler ensinarnos como soarían en brasileiro eses contos que tanto nos gustaron. Lidos por ela aínda nos gustaron máis!


28 de maio de 2019

Dende Portugal ata Rianxo

E dende Rianxo ata Taragoña! 😃
Os libros portugueses de literatura infantil e xuvenil do Salón do Libro de Pontevedra quedaron na BPM Castelao de Rianxo para que poidamos seguir gozando deles ata finais de xuño. Tanto nos gustaron cando fomos de visita ao LIX e á biblioteca municipal, que Sofía emprestounos uns cantos para poder telos na BBS e seguir descubríndoos. E niso estamos! 😍

Saíndo da BPM Castelao

Na BBS











19 de maio de 2019

Lusofonía no LIX Rianxo

A cultura convidada no Salón do Libro de Pontevedra deste ano foi a lusofonía e no LIX Rianxo temos a sorte de poder gozar da colección de literatura infantil e xuvenil portuguesa do Salón. 
Como a "cabeza non para" 😉, en colaboración entre a BBS e a BPM Castelao de Rianxo, elaboramos un xogo para que  o alumnado de 1º, 2º e 3º do cole descubrira parte desa colección na visita á biblioteca municipal que fixemos o mércores pasado dentro das actividades do LIX Rianxo. Foi todo un éxito, tanto que rematamos a actividade pedíndolle a Sofía que nos deixara en préstamo unha escolma de libros portugueses para poder seguir léndoos e aproveitándoos no cole a semana que vén.
Grazas, Sofía! Un pracer, sempre, colaborar contigo e visitar a B.P.M Castelao. 😘