Primeira viaxe das Mochilas Viaxeiras no 2021! Seguimos compartindo lecturas, música e pelis coas familias, levando un anaquiño da BBS ás vosas casas 😍
Boas lecturas para tod@s!
Primeira viaxe das Mochilas Viaxeiras no 2021! Seguimos compartindo lecturas, música e pelis coas familias, levando un anaquiño da BBS ás vosas casas 😍
Boas lecturas para tod@s!
Hoxe foi unha mañá de moito movemento na Radio BBS. Por unha banda Tino rematou coa instalación das placas de escuma para mellorar a acústica do estudo e por outra retomamos os directos no recreos, da man dos Axudantes da BBS.
A biblio xa de novo funcionado a tope: recreos por clases, axudantes, radio BBS en directo... Estamos confinados perimetralmente, pero seguimos moi activos/as 😉
Na aula de 6º estiveron preparando deseños para imprimir en 3D, relacionados co PDI deste curso, MonteMar e co Proxecto Ríos. Hoxe comezaron a imprimir un destes deseños, un muíño elaborado por Rita, inspirado nos 55 muíños que chegou ter o río Té. Están quedando así de ben.
De volta do Nadal as Mochilas Viaxeiras trouxéronos imaxes dalgúns dos vosos recunchos de lectura favoritos cos vosos títulos preferidos. Que bos recunchos tedes!😍
Grazas, Elsa, Laura, Minia e Nerea por compartilos con nós.