Amosando publicacións coa etiqueta Día da Muller. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Muller. Amosar todas as publicacións

8 de marzo de 2022

8M: mulleres viaxeiras

Seis mulleres viaxeiras presiden a entrada do colexio desde hoxe pola mañá. Cada clase investigou sobre unha muller que, por diferentes motivos, realizou viaxes e viviu aventuras extraordinarias. Coa información recollida elaboraron murais, que agora nos permitirán coñecer a seis mulleres que racharon cos estereotipos e cos límites.
Aquí están: Isabel Zendal, Isabel Barreto, Sofía Casanova, Exeria, Rosa Mª Calaf e Valentina Tereshkova.

13 de marzo de 2021

Adoro LER!

Na semana na que celebramos o Día da Muller remataba o reto de lectura que abrimos en novembro, coincidindo co Día das Escritoras. Ao longo da semana fomos recollendo os pasaportes de lecturas das escritoras propostas e este venres entregamos os agasallos elaborados na nosa impresora 3D.





Parabéns a todos/as! 

Seguide lendo, ás nosas escritoras e a todos/as os demais 😉

8 de marzo de 2021

8M: Día da Muller

 
O Brea Segade loce morado! 
 
Na entrada penduran lazos morados, decorados coas mensaxes de todos os nenos e nenas do colexio contra o machismo e a favor da igualdade e os dereitos das mulleres. No interior, globos morados lembran que o 8M é un día máis, dos 365 de loita pola igualdade das mulleres e a erradicación de todo tipo de machismo.








Feliz Día da Muller!

3 de marzo de 2020

O libro dos porcos

Claudia e Adriana tiñan clarísimo que querían contar O libro dos porcos, de Anthony Browne e, como non, de facelo, tiña que ser nesta semana.
Que ben o fixeron! Prepararon o cartel, practicaron un motón de recreos e algunha Hora de Ler e hoxe, deixáronnos a tod@s marabillad@s. Encántanos este conto e gústanos moito que sexades vós quen o escollades. Nesta semana que estamos a traballar sobre as mulleres, a importancia de poñer en valor e compartir o traballo nas casas e os coidados a grandes e pequenos, O libro dos porcos é unha lectura imprescindible.
Grazas Claudia, grazas Adriana!






Bravo, contadoras

13 de marzo de 2019

Marzo: Muller e alimentación

Este mes, coincidindo coa conmemoración do Día da Muller estamos traballando na aulas sobre mulleres que tiveron ou teñen un papel importante no mundo da alimentación: cociñeiras, empresarias, cooperativistas... Moitas delas descoñecidas, todas elas imprescindibles.