Amosando publicacións coa etiqueta Asesoría. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Asesoría. Amosar todas as publicacións

29 de decembro de 2017

Impresión 3D

Desde finais do curso pasado temos na BBS unha impresora 3D, que chegou a nós por estar no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia e máis concretamente no Proxecto Escornabots na Biblioteca Escolar, do que formamos parte desde o 2016 e co que chegaron eses pequenos robots que dan nome a noso Espazo Escornabots.  Empezamos a usala este curso, primeiro aprendendo e fedellando os profes, para poder chegar a usala tod@s, como un recurso máis para o ensino e a aprendizaxe no colexio. 
Para rematar o trimestre, ademais de que tod@s puideramos ver á impresora 3D "en acción" e coñeceramos o programa que empregamos para traballar con ela, quixemos crear o noso primeiro agasallo de "produción masiva" para  alumnado, profesorado e traballadores do cole. Escollemos un detalle que tivera que ver co proxecto deste curso e... mans á obra!

Deseñando no programa Cura
Fedellando co programa  Cura
Empezando a imprimir
Flipando!
Unha "fornada" de cámaras
Ohhh!
Seguimos imprimindo 

Vai indo...

Molan!





 No 2018, máis impresión 3D!


18 de setembro de 2017

Aprender a pensar coa biblioteca escolar

Xa temos o lema e o cartel cos que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Asesoría de Bibliotecas Escolares, botan a andar o curso 2017-2018. Son o fío condutor dos materiais e propostas para as bibliotecas escolares galegas, un referente e guía obrigado para o noso traballo. Coma sempre escolleron un lema e un cartel suxerentes, motivadores e que definen perfectamente o modelo de biblioteca no que cremos e polo que apostamos.
Para entender todo o que o lema e o cartel queren transmitir entrade na páxina da Asesoría.
Convidámosvos tamén a visitar a páxina de Xosé Tomás, o ilustrador que realizou o cartel deste curso, para saber máis sobre a súa obra.
 
Desde a BBS estamos preparando todo para comezar a "abducirvos" no mes de outubro; xa queda menos!