Desde finais do curso pasado temos na BBS unha impresora 3D, que chegou a nós por estar no
Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia e máis concretamente no
Proxecto Escornabots na Biblioteca Escolar, do que formamos parte desde o 2016 e co que chegaron eses pequenos robots que dan nome a noso
Espazo Escornabots. Empezamos a usala este curso, primeiro aprendendo e fedellando os profes, para poder chegar a usala tod@s, como un recurso máis para o ensino e a aprendizaxe no colexio.
Para rematar o trimestre, ademais de que tod@s puideramos ver á impresora 3D "en acción" e coñeceramos o programa que empregamos para traballar con ela, quixemos crear o noso primeiro agasallo de "produción masiva" para alumnado, profesorado e traballadores do cole. Escollemos un detalle que tivera que ver co proxecto deste curso e... mans á obra!
 |
| Deseñando no programa Cura |
 |
| Fedellando co programa Cura |
 |
| Empezando a imprimir |
 |
| Flipando! |
 |
| Unha "fornada" de cámaras |
 |
| Ohhh! |
 |
| Seguimos imprimindo |
 |
| Vai indo... |
 |
| Molan! |
No 2018, máis impresión 3D!
Ningún comentario:
Publicar un comentario