Amosando publicacións coa etiqueta coeducación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta coeducación. Amosar todas as publicacións

8 de decembro de 2022

25 N: Canción sen medo

 

Canción sen medo (Vivir Quintana)

Que trema o Estado, os ceos, as rúas,

que treman os xuíces e as súas tribunas

hoxe as mulleres ficamos sen calma

sementaron medo, medráronnos ás.

A cada minuto, de cada semana 

que rouban amigas, e matan irmás 

destrúen seus corpos, os desaparecen 

recorde seus nomes, 

por favor, señor presidente. 

Por tódalas compas marchando en manifa 

por tódalas mozas loitando en Galiza 

polas matriarcas que son tan valentes 

por tódalas nais buscando as ausentes 

cantamos sen medo, pedimos xustiza 

berramos por cada desaparecida.

Que resoe forte “Querémonos vivas!” 

Que caia con forza o feminicida.

Eu todo o incendio, eu todo o rompo 

se un día un fulano apaga os teus ollos 

xa nada me cala, xa todo me sobra 

se tocan a unha, respondemos todas 

Son Claudia, son Esther e son Teresa 

son Ingrid, son Fabiola e son Valeria, 

son a nena que subiches pola forza 

son a nai que agora chora as súas mortas 

e son esta que che fará pagar as contas. 

Xustiza! Xustiza! Xustiza! 

Por tódalas compas marchando en manifa 

por tódalas mozas loitando en Galiza 

polas matriarcas que son tan valentes 

por tódalas nais buscando as ausentes 

cantamos sen medo, pedimos xustiza,

berramos por cada desaparecida.

Que resoe forte “Querémonos vivas!” 

Que caia con forza o feminicida.

Que caia con forza o feminicida.

E retumben os centros da terra ao sonoro ruxir do amor.

E retumben os centros da terra ao sonoro ruxir do amor.

 

(Tradución ao galego CEP X.Mª Brea Segade)  

Emocionante creación colectiva ao redor do 25N. Parabéns polo traballo á Aula de Música e ao Equipo Tics, pero moi especialmente ás nenas e nenos do Brea Segade, que, coma sempre, conseguides emocionarnos e facernos crer nun futuro mellor. Bravo!

8 de marzo de 2022

8M: mulleres viaxeiras

Seis mulleres viaxeiras presiden a entrada do colexio desde hoxe pola mañá. Cada clase investigou sobre unha muller que, por diferentes motivos, realizou viaxes e viviu aventuras extraordinarias. Coa información recollida elaboraron murais, que agora nos permitirán coñecer a seis mulleres que racharon cos estereotipos e cos límites.
Aquí están: Isabel Zendal, Isabel Barreto, Sofía Casanova, Exeria, Rosa Mª Calaf e Valentina Tereshkova.

26 de novembro de 2021

Non á violencia machista!

Onte, en todas as aulas, traballamos sobre a violencia de xénero con difererentes materiais e diferentes actividades, pero tod@s rematamos elaborando postais, que hoxe quedaron expostas na entrada do cole. Completamos a proposta de decoración que a ANPA iniciou o martes pasado, coa que queremos poñer de manifesto o rexeitamento de toda a comunidade escolar á violencia machista e o compromiso coa igualdade e a non violencia.

25 de novembro de 2021

25N

Este martes familias do CEP Brea Segade e do CRA de Rianxo e profes, coordinados por monitores e monitoras do colectivo Avoar, compartiron unha tarde de convivio na que decoraron a entrada do cole, mostrando o compromiso da nosa comunidade escolar contra a violencia de xénero e a aposta pola creación de espazos vivos, que favorezan a convivencia e a creatividade dos nenos e as nenas. Foi unha tarde fermosa, unha resposta sinxela pero contundente ás situacións de violencia que, desgrazadamente, perviven na nosa sociedade. 






7 de novembro de 2021

Obradoiros con Avoar

Ao longo do mes de outubro realizáronse nas aulas de 1º, 2º, 3º e 4º dúas sesións de traballo nas que nenos e nenas reflexionaron, a través do xogo e de actividades artísticas, sobre os estereotipos de xénero e a importancia dos coidados. Estas sesións, organizadas pola ANPA do Brea Segade, foron impartidas por Avoar, entidade cultural e educativa polo desenvolvemento rural sostible. 

Grazas a Avoar e á nosa ANPA por axudarnos a crear espazos para medrar en igualdade e respectando as diferenzas.

17 de abril de 2021

Quererse ben

O alumnado de 5º e 6º participou estas últimas dúas semanas nun obradoiro de educación afectiva e sexualidade, impartido pola psicóloga Natalia Guedellas. O título do obradoiro é Quererse ben e traballouse sobre sexo e xénero, afectividade, coñecemento e valoración dun mesmo/a para poder coñecer e respectar aos demais:  quererse ben a un mesmo/a e querer ben aos demais. 

O obradoiro resultou moi interesante e dou pé a moitas reflexións e debates que terán continuidade nas aulas, porque a educación afectiva e a sexualidade  deben estar presentes na Educación Primaria de xeito consciente, para evitar a desinformación e os tópicos. 

Grazas, Natalia!








8 de marzo de 2021

8M: Día da Muller

 
O Brea Segade loce morado! 
 
Na entrada penduran lazos morados, decorados coas mensaxes de todos os nenos e nenas do colexio contra o machismo e a favor da igualdade e os dereitos das mulleres. No interior, globos morados lembran que o 8M é un día máis, dos 365 de loita pola igualdade das mulleres e a erradicación de todo tipo de machismo.








Feliz Día da Muller!

26 de novembro de 2020

25 de novembro: contra a violencia machista

Este ano non poidemos mostrar xuntos/as o noso rexeitamento á violencia de xénero, pero cada aula realizou actividades ao longo desta semana ao redor da traxedia que representa para a nosa sociedade a violencia contra as mulleres.

En Sexto levantaron tarxetas vermellas contra o machismo:

 

Ao longo de novembro, dentro das actividades do mes da ciencia en galego, realizaron investigacións e presentacións, que compartiron na aula, sobre científicas galegas. Loitar contra o machismo tamén é poñer en valor e dar visibilidade ao papel da muller en diferentes eidos, como por exemplo na ciencia.  

As nosas científicas no blog de Sexto. 

 

En Quinto elaboraron carteis expresando o seu rexeitamento á violencia de xénero. 






15 de novembro de 2020

Reto: lecturas de escritoras

 A aula de sexto xa comezou o reto das lecturas de escritoras que lanzamos no Día das Escritoras e rematará no mes de marzo, coincidindo co Día da Muller. 

Así o recollen no seu blog.