Amosando publicacións coa etiqueta tolerancia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tolerancia. Amosar todas as publicacións

15 de xaneiro de 2023

Respecto

O grupo de Valores Sociais e Cívicos de 6º elaborou un podcast para a Radio BBS titulado Respecto. É o resultado do traballo sobre o Día da Discapacidade que se conmemora o 3 de decembro. 

Investigaron sobre distintas discapacidades, buscaron temas musicais nos que se falara delas, elaboraron o guión, gravaron e editaron o podcast. Aquí temos o resultado. 

Para todos vós: Respecto





Bravo!

30 de xaneiro de 2022

Proxecto Bubisher: Gonzalo Moure e "El niño de luz de plata"

Mañá teremos o agardado encontro con Gonzalo Moure, tras a lectura da obra "El niño de luz de plata", creación do Taller de lectura de Farsía, en Smara, e coordinada polo escritor. Compartimos un dos materiais cos que o alumnado de 3º, 4º , 5º e 6º preparou este encontro, un tríptico sobre Gonzalo Moure. 

4 de abril de 2020

Hai unha liña

O Día 2 de abril foi o Día Mundial de Concienciación sobre o autismo. O músico galego Seso Durán realizou unha adaptación musical do conto "El día de Manuel" de María José Ferrada, que nos conta como é a vida dun neno autista. Para saber máis sobre como se escribiu e que importancia está a ter esta historia na concienciación sobre o autismo entrade na páxina Alto como una montaña.  

 

Hai unha liña, adaptación musical de El día de Manuel de María José Ferrada.
Tradución ao galego e letra adicional de Seso Durán.
Música de Seso Durán.
Seso Durán: Voz, guitarra acústica e eléctrica, baixo, sintetizador e caixa de ritmos.

16 de febreiro de 2020

A peor xogada

A banda A Música das baleas do CEIP de Caión, dirixida polo mestre  Jose Carballido, gañou o certame Quero Cantar de música infantil e xuvenil, organizado pola Deputación da Coruña. O tema é fantástico e no Brea Segade aledámonos especialmente porque Jose foi profe no noso cole durante uns meses e gardamos moi bo recordo del e do seu traballo. 
Parabéns á Música das baleas e a Jose Carballido! Merecidísimo premio!