Amosando publicacións coa etiqueta títeres. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta títeres. Amosar todas as publicacións

1 de xuño de 2024

Obradoiro de tíreres

O mércores pasado 5º e 6º tiveron a última sesión do obradoiro de títeres con Electra. Vestiron aos monicreques e escribiron e representaron obras curtiñas coas que darlles vida. Fixérono xenial! estaremos atent@s ao festival Titiriberia deste verán en Rianxo, para seguir aprendendo e gozando dos títeres. 

Grazas, Electra! 

Parabéns 5º e 6º, polos monicreques e pola obras!












10 de maio de 2024

Pasando a bóla. A banda dos insectos

Onte tivemos un espectáculo de títeres e teatro na nosa biblio. Celtia Figueiras, de A xanela do maxín, representou Pasando a bóla. A banda dos insectos, espectáculo baseado no seu libro, do mesmo nome, que trata sobre o acoso escolar. Contou coa colaboración de dez voluntarios e voluntarias de 5º, que representaron o que Celtia ía contando. Que ben o fixeron!

Falar sobre o acoso, o maltrato e os dereitos dos nenos e as nenas é imprescindible, para detectalo e evitalo. Facelo por medio dos contos e do teatro é fantástico porque axuda a identificar situacións que non sempre identificamos como acoso e facilita a reflexión e o diálogo. 

Grazas, Celtia! Grazas a Narciso e ao Consorcio Editorial 

que trouxeron "a banda de insectos" á BBS.









8 de decembro de 2022

Morreu o demo

O mércores e o venres desta semana a Asociación Morreu o demo vai desenvolver un obradoiro de títeres na aula de 6º do noso colexio. Onte estiveron elaborando os guións coa axuda de Electra Menéndez, artesá  que está a impartir o obradoiro. O venres elaborarán os personaxes, decorado e atrezzo para rematar representando as súas obras. A temática escollida para todas as obras é as viaxes, relacionado así este obradoiro de creación co PDI promovido pola BBS. 

A actividade está enmarcada dentro das actividades do proxecto Titiriberia  que a asociación realiza en Rianxo. Agardamos con ganas por esas obras de títires de creación propia! 😀


23 de maio de 2022

Toupiciencia

Hoxe a nosa biblioteca encheuse de ciencia de man da Toupiña e do seu axudante Protonio. Os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º tiveron a sorte de ver o espectáculo da Xanela do Maxín Toupiciencia, no que Protonio realizou para nós tres experimentos, seguindo o método científico, tal e como lle ensinou a Toupiña.  
Foi moi divertido e moi interesante. De seguro que hoxe nas casas houbo quen repetiu os experimentos. 
Grazas, Toupiña e Protonio! Encantounos! 
No Brea xa hai varios científicos e científicas do futuro, seguro. 😉
Grazas, Narciso! Grazas ao Consorcio Editorial.

Todos/as os que quedastes con ganas de máis ciencia e máis Toupiña, tedes neste enlace vídeos de divulgación científica creados pola Xanela do Maxín e protagonizados pola Toupiña. Entrade e seguide aprendendo con Toupiciencia.

11 de decembro de 2021

Onde foi Barriga Verde?

Estes días temos no colexio unha exposición sobre Barriga Verde, elaborada pola Asociación Cultural Morreu o Demo. Onde foi Barriga Verde? é unha oportunidade única de descubrir ao personaxe máis famoso dos espectáculos de títeres da primeira metade do século XX en Galicia e de entender a súa importancia e os motivos que levaron á súa desaparición. 
 
Grazas á A.C. Morreu o demo por prestarnos a exposición!

8 de decembro de 2021

Os nosos títeres de luva

Que ben o pasamos onte!! Todo o cole construíndo títeres de luva, inventando pequenas situacións para representar e representándoas. Temos futuros titiriteiros/as e contadores de historias nas nosas aulas. Oxalá! 😃

Grazas aos membros da Asociación Cultural Morreu o Demo que estivestes onte con nós, transmitíndonos o amor polos títeres e activando a nosa creatividade.  Grazas ao Concello de Rianxo por facelo posible.