21 de xullo de 2021

Feira do Libro 2021

Mañá comeza a Feira do Libro en Rianxo, catro días de presentacións de libros, encontros con escritores e escritoras e posibilidade de ver e mercar novidades nas casetas que, un ano máis, estarán na Praza de Castelao. Volve unha das citas imprescindibles para os lectores e lectoras de Rianxo, non faltedes!

18 de xullo de 2021

Titiriberia

 

Comeza unha semana chea de propostas interesantes en Rianxo. Estade moi atent@s!

O festival Titiriberia de títeres tradicionais celebrarase en Rianxo do 20 ao 24 de xullo. Esta edición do festival, co lema Cachaporras de pau de laranxo, terá actividades nas seis parroquias do Concello. 

Revisade a programación na páxina do Concello de Rianxo e reservade as vosas entradas no enderezo web https://concelloderianxo.gal/reservas

3 de xullo de 2021

A gárgola do Mestre Mateo


O domingo 11 poderemos ver en Rianxo A gárgola do Mestre Mateo da compañía a Xanela do Maxín. No cole coñecemos ben o texto no que se basea a obra e o fermoso cartel anunciador 😍 

Animádevos a ir ver a función!

Entradas de balde. Só con reserva previa de localidades ata as 12:00 h do venres 9 de xullo, a través de formulario no enderezo web https://concelloderianxo.gal/reservas (preferente), ou no telf 981 100 688.  É necesario indicar, de todas as persoas para quen se solicita: nome completo, telf e se son conviventes.  A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o auditorio.