Amosando publicacións coa etiqueta Barriga Verde. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Barriga Verde. Amosar todas as publicacións

8 de decembro de 2021

Os nosos títeres de luva

Que ben o pasamos onte!! Todo o cole construíndo títeres de luva, inventando pequenas situacións para representar e representándoas. Temos futuros titiriteiros/as e contadores de historias nas nosas aulas. Oxalá! 😃

Grazas aos membros da Asociación Cultural Morreu o Demo que estivestes onte con nós, transmitíndonos o amor polos títeres e activando a nosa creatividade.  Grazas ao Concello de Rianxo por facelo posible.

7 de decembro de 2021

Da barraca á aula

 

Hoxe o proxecto Barrigaverde da Asociación Cultural Morreu o Demo vén ao Brea Segade! Imos crear títeres! 

 Da barraca á aula : lista de reprodución completa dos vídeos do proxecto de achegamento dos títeres ás escolas.