Amosando publicacións coa etiqueta Escola de Música de Rianxo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Escola de Música de Rianxo. Amosar todas as publicacións

10 de xuño de 2023

Sondamar

Compartimos a páxina web Sondamar desde a que podedes ter acceso á revista Nossomos, a audios que a acompañan á revista e audios da Banda da Escola de Música de Rianxo. Tomádevos un tempo e visitade a páxina, vaivos sorprender, seguro. 

"Sondamar (Páxina Web, Youtube e Instagram), Nossomos (Revista) e Edaterra (Blogue) son parte dun mesmo proxecto no que traballamos diferentes persoas ás que nos une a paixón pola música, a concepción de que esta, a música, non é algo illado e alleo ao contexto socio-histórico en que vivimos e por tanto provén da nosa mesma práctica social e a convicción de que nos enriquecemos, crecemos e fortalecemos na diversidade e a confrontación construtiva das ideas."

Noraboa por esta iniciativa; estaremos atentas/os.

9 de maio de 2023

As nosas entrevistas: Bernal Muíños

O pasado 17 de maio o cuarteto TbA realizou un concerto didáctico sobre a música jazz no noso colexio. O concerto enmárcase nas actividades  do festival Noites de Jazz que se celebrará en Rianxo no mes de agosto.

Alumnas de 3º e 6º entrevistaron para a Radio BBS a Bernal Muíños, músico rianxeiro que forma parte do cuarteto.


ENTREVISTA a Bernal Muíños




18 de maio de 2022

Concerto didáctico de jazz

Hoxe, para voltar con ganas despois da ponte, tivemos un concerto didáctico de música jazz no colexio. Alfredo Susavila, Carlos Bastón e Pachi Cruz, explicáronnos como naceu e evolucionou o jazz, usando diferentes temas musicais como mostra do que nos ían contando. Este concerto forma parte das actividades que se van desenvolver en Rianxo ao redor do festival Noites de Jazz, que se celebrará nos primeiros días de agosto. Un luxo poder escoitar a estes tres grandes músicos de jazz no noso colexio e comezar a entender e a gozar con este xénero musical, que tamén é para nenos e nenas. 
Grazas, Alfredo, Carlos e Pachi! 
Grazas ao Concello de Rianxo e á Escola de Música de Rianxo!

18 de decembro de 2021

Jazz no Brea Segade

Onte tivemos un concerto didáctico de jazz no noso cole. Como fixo unha mañá fantástica, puidemos facelo no patio e así asistimos todos, en grupos burbulla. Silvia Ferre, Alfredo Susavila e Miro Lamas descubríronnos que é o jazz, as súas orixes e os diferentes tipos, coa axuda do trombón, o piano, a voz e a narración, coa que Silvia foi fiando todo o concerto. Unha marabilla! 

 

Cantamos, demos palmas, bailamos no sitio, pasámolo moi, moi ben, e descubrimos que o jazz é unha música estupenda tamén para nenos e nenas, e que o importante é escoitar todo tipo de música, para coñecela e poder gozar dela.

Grazas, Alfredo, Silvia e Miro! 

Non tardedes en volver 😍