Os nenos e nenas do CRA de Rianxo, que o vindeiro curso virán ao Brea Segade, estiveron de visita no cole e os axudantes de Quinto encargáronse de recibilos e ensinarlles a BBS. Faláronlle do que poden facer na biblioteca, contáronlles un conto, xogaron con eles no Espazo Argalleiro e ata os entrevistaron na Radio BBS. Resultou moi ben. Grazas, axudantes!
20 de xuño de 2024
4 de abril de 2024
Superheroes da escola
Comezamos os contacontos de abril con superheroes e superheroínas, que nos presentaron Daniela, Sabela e Leire. Superheroes da escola de José carlos Román é un divertido manual para descubrir os superpoderes que todos temos e como usalos para que o paso pola escola sexa un éxito. Lectura imprescindible, buscádea nos andeis da BBS
![]() |
| Bravo, superheroínas contadoras! |
23 de marzo de 2024
Poetízate: máis contos rimados
21 de marzo de 2024
Poetízate: no Día da Poesía
No Día da Poesía algúns axudantes da BBS continuaron compartindo contos rimados cos compañeiros e compañeiras máis pequenos. 😍
19 de marzo de 2024
Poetízate! Contos rimados
Un grupo de axudantes da BBS comezou hoxe a contar contos rimados na Hora de Ler nas aulas de 1º, 2º, 3º e 4º. O xoves 21 é o Día da Poesía e quixemos levar poesía ás aulas en forma de contos. Escolleron os títulos a contar, preparáronos, elaboraron un pequeno agasallo para cada aula e hoxe debutaron, compartindo contos rimados, baixo o lema de Poetízate!
Resultou moi ben! Continuarán...
17 de marzo de 2024
Bo camiño, Valentiño!
Anta, Aitana e Sofía foron as contadoras. Escolleron Bo camiño, Valentiño! un divertido conto rimado, escrito por Gracia Iglesias, que fala do Camiño de Santiago.
Tambien cambiamos a ubicación dos contacontos, despois de facer uns cantos cambios no mobibliario e disposición do espazo na BBS. Gustounos o cambio.
6 de marzo de 2024
Me acuerdo de ti
3 de marzo de 2024
Macario, dromedario
Se queredes saber que pasa cando os dromedarios choran e non puidestes vir ao contacontos o mércores, buscade a Macario na BBS, paga a pena!
Grazas, contadoras!
![]() |
| Bravo! |
18 de xaneiro de 2024
Os Bolechas teñen medo
Daniela, Minia, Breixo, Vera, Candela, Carlota, Elsa e Leire foron as contadoras/es esta semana, mellor dito as actrices e o actor, porque o que fixeron foi representar unha das historias dos Bolechas, Os Bolechas teñen medo, de Pepe Carreiro.
Prepararon os textos, a ambientación, os decorados, a vestimenta, o cartel... E esta semana fixeron que tod@s o pasaramos de medo, coa súa interpretación dunha das historias dos Bolechas que máis éxito tivo sempre. Porque os contos de medo, molan 😄
![]() |
| Bravo! |






















































