Amosando publicacións coa etiqueta Cancioneiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cancioneiro. Amosar todas as publicacións

1 de marzo de 2022

Cancioneiro Escolar Urxente de Rianxo. Volume 2

Xa foi "presentado en sociedade" agora só queda lelo, tocalo, cantalo, compartilo... mantelo vivo. 

O venres pasado realizamos o acto de presentación pública deste segundo volume do Cancioneiro Escolar Urxente de Rianxo, un material fundamental para manter viva a nosa tradición musical e a relación da escola coa comunidade na que se asenta. 

Participaron na presentación José Luis Do Pico, coordinador do Cancioneiro, Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, representando ao Concello, que levou a cabo a publicación do  Cancioneiro e Alma Caamaño, a directora do CEP Brea Segade, que, xunto con José Luis, interpretou algúns dos temas recollidos neste volume. 

Grazas a todas as persoas que fixeron posible este cancioneiro. 

Grazas a todos/as os que vos achegastes á presentación e moi especialmente aos familiares dalgúns dos informantes que puideron achegarse.

30 de abril de 2021

Ei vén maio!

Hoxe cantamos e puxemos os maios no cole. Tivemos a sorte de que Alma, Jose Luís e Tino pasaron por todas as aulas traéndonos o ramo e animándonos a cantar os maios rianxeiros.

 Meigas fóra e coronavirus fóra! 

Para o ano todos xunt@s no patio cantando. 

 

Bravo polos músicos!