Amosando publicacións coa etiqueta burro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta burro. Amosar todas as publicacións

17 de abril de 2021

Carteis contra o lixo en Campo Maneiro

Esta semana a aula de Sexto colocou os carteis elaborados por Segundo e Sexto para concienciar sobre a importancia de non deitar lixo no monte e de facer un uso responsable dos espazos naturais. Bo traballo, rapaces e rapazas!





 

No blog de Sexto: Lixo non!

11 de abril de 2021

Queremos un monte limpo!!

 Moita xente está achegándose a Campo Maneiro a coñecer ás cabuxas e a Michel, iso está moi ben, pero o que non está para nada ben e que veñan coas merendas e deixen a zona toda chea de lixo. Si, parece incrible, pero é certo, empezaron a aparecer: botes de iogures de beber, latas, botellas, plásticos, cabichas... por diante das parcelas das cabuxas e ata dentro; vese que alguén tivo a idea de guindalas por riba do enreixado. Que xente máis porca! 

Igual hai que lembrarlle aos maiores algunhas cousas, xa que parece que non todos saben andar polo mundo. Estes días estivemos preparando carteis que colocaremos a semana que vén nas zonas máis afectadas, e no cole seguiremos traballando sobre desenvolvemento sostible e compromiso co medio natural, porque sabemos que queda moito por facer.





No blog de Sexto podedes ver máis carteis e información sobre este tema.