Amosando publicacións coa etiqueta videoxogos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta videoxogos. Amosar todas as publicacións

9 de abril de 2022

Videoxogos e ciberseguridade

Onte o alumnado de 5º e 6º participou nunha charla sobre ciberseguridade e un obradoiro de creación de videoxogos con Carlos Ces, o informático do Concello de Rianxo. Xa é o segundo ano que Carlos realiza estas actividades no noso cole, e, unha vez máis, pasounos o tempo voando e sacamos moito proveito tanto da charla como do obradoiro. Son dous temas que forman parte do día a día do noso alumnado e das súas familias e aos que non sempre lles prestamos a atención que merecen. 

Grazas, Carlos! 

Dá gusto que veñas ao cole, sempre aprendemos un montón contigo.

8 de maio de 2021

Con Carlos Ces

Este venres o alumnado de 5º e 6º tivo a sorte de participar nunha charla e un  obradoiro con Carlos Ces, o informático do Concello de Rianxo. En 5º falaron sobre ciberseguridade e en 6º aprenderon a crear videoxogos que poderán utilizar en tablets, ordenadores e smart phones. Foi unha mañá ben interesante e moi produtiva, seguro que de aquí saírán moitos vídeoxogos "feitos na casa" 😉

Grazas, Carlos, por compartir o teu tempo e o teu saber con nós!


No blog de Sexto tedes máis información sobre o obradoiro de videoxogos. 

6 de maio de 2021

Ciberseguridade e videoxogos

Este venres, Carlos Ces, o informático do Concello de Rianxo, estará no noso centro para levar a cabo unha charla e un obradoiro. Falará sobre ciberseguridade co alumnado de 5º e realizará un obradoiro videoxogos co alumnado de 6º.