Este venres o alumnado de 5º e 6º tivo a sorte de participar nunha charla e un obradoiro con Carlos Ces, o informático do Concello de Rianxo. En 5º falaron sobre ciberseguridade e en 6º aprenderon a crear videoxogos que poderán utilizar en tablets, ordenadores e smart phones. Foi unha mañá ben interesante e moi produtiva, seguro que de aquí saírán moitos vídeoxogos "feitos na casa" 😉
Grazas, Carlos, por compartir o teu tempo e o teu saber con nós!
No blog de Sexto tedes máis información sobre o obradoiro de videoxogos.
Un pracer. Foi moi divertido e notei moito interese por parte do alumnado. Grazas a vós!
ResponderEliminarA min gustoume facer videoxogos!! foi moi divertido!!
ResponderEliminar